Archive for May 28, 2008

MIENTRAS VIVIMOS – Maruja Torres.

Con claros tintes autobiográficos, Maruja Torres nos presenta a unha destacada escritora para mulleres en plena crise creativa, Regina Dalmau. Para tratar de superar a súa angustia, a literata se apoia en dúas mulleres: unha xove fanática da súa obra que desexa seguir os seus pasos, e a súa propia mestra e mentora, que tivo unha gran influencia na súa vida.

O fío conductor é Regina, a que, contradictoriamente, anda máis perdida. Ao entrar en contacto coa súa xove admiradora, lle abre a esta as portas do futuro e, a aprendiz, fai que ela se remonte ao pasado. A trama reflicte o máis claro exemplo de cómo a vida pode mudar en dous días se te arriscas a permitir que algo diferente ocorra.

Soidade, compromiso, decadencia, éxito vacío…son os pilares fundamentais desta novela triangular, onde cada protagonista separa unha parte do libro e nos abre o seu mundo interior melancólico á par de esperanzador, e sobretodo humano. Así, a figura da muller representa a paixón, a sensibilidade e a emotividade.

Coma en case tódalas novelas de Maruja Torres, nos atopamos diante dun texto cun vocabulario sinxelo, ameno e preciso. Seguindo os patróns críticos e feministas que tanto a caracterizan, en «Mientras Vivimos» nos amosa o camiño percorrido polas mulleres e as relacións que se forxan entre elas.

A mente inqueda, a lingua mordaz e o corazón feminista da xornalista e novelista lograron con esta obra acadar o Premio Planeta no ano 2000.

 

 

Sara Comesaña Doiro. 2º Xornalismo -A (Maio)

 

 

May 28, 2008 at 9:08 pm Deja un comentario

LA LOCA DE LA CASA – Rosa Montero.

«Me he acostumbrado a ordenar los recuerdos de mi vida con un cómputo de novios y de libros. Las diversas parejas que he tenido y las obras que he publicado son los mojones que marcan mi memoria, convirtiendo el informe barullo del tiempo en algo organizado. “Ah, aquel viaje a Japón debió de ser en la época en la que estaba con J., poco después de escribir Te trataré como a una reina”, me digo, e inmediatamente las reminiscencias de aquel periodo, las desgastadas pizcas del pasado, parecen colocarse en su lugar.»

 

 En La loca de la casa, Rosa Montero fabrícase a sí mesma coma unha personaxe de ficción, tecendo unha rede de mentiras e verdades que se funden nun contexto íntimo e literario.

A imaxinación é o fío que enlaza todas as partes dunha narración chea de sorpresas, que se funde cos grandes nomes da Literatura, os problemas da creación e a propia vida da escritora. Así, o lector se fai coñecedor das dúbidas e medos dos literatos máis recoñecidos, coma a adulación dos máis poderosos por parte do gran Goethe ou carácter insufrible de Tolstoi.

Asegura que as lembranzas non son o que parecen, e que todo o que conta nesta peculiar autobiografía, un tanto kafkiana, é pura mentira. Pero o que en realidade busca Rosa Montero con esta obra é expresar o que significa para ela a literatura, e o compara con citas que outros autores escribiron sobre o mesmo tema, para achegarnos a conclusión de que escribir é sinónimo de amar. Estar namorado é, ao igual que o proceso de escritura dunha novela, unha situación exclusivista que pasa por unha serie de fases e se alimenta das paixóns máis puras e subconscientes.

Exemplos sobre cómo a palabra humaniza, a dificultade de escribir, ben ou mal, os críticos, a imperfección da novela, sobre qué escriben as mulleres, o motivo polo que ela misma escribe ou a terrible eleción entre vivir sen ler ou sen escribir son temas que a autora desarrolla ampliamente nun libro reflexivo. Algo didáctico, que busca tanto explicar coma comprender.

Un xogo de magos que amosa o marabillosa que poder ser a vida.

 

Sara Comesaña Doiro 2º Xornalismo-A (Abril)

May 28, 2008 at 9:07 pm Deja un comentario

A FILLA DE DEUS – Lewis Perdue.

Lewis Perdue é un recoñecido xornalista de investigación e autor de numerosas obras de ficción e diversos ensaios.

En «A filla de Deus» realiza, a partir dunha intensa e longa investigación acerca do nacemento do Cristianismo e da figura do Mesías, unha posta en escea de dous protagonistas que loitan para liberar unha verdade oculta.

A figura feminina é Zoe Ridgeway, unha destacada marchante de arte que viaxa a Suíza co seu esposo e teólogo Seth para xestionar o patrimonio artístico dun coleccionista alemán. A partir de ahí, amba-las dúas personaxes se ven envoltas nunha rede milenaria de conspiracións, asasinatos e intrigas, que comeza e acaba co misterio  dunha Mesías chamada Sofía. Coa demostración da  súa existencia, poderíanse sacudir os cimentos da relixión occidental e desencadear unha violencia relixiosa sen precedentes.

Trátase dunha obra baseada en estudos reais, que aporta datos, nomes e documentos que proban a existencia de dita Mesías e que explican o comportamento da Igrexa dende os tempos do emperador Constantino. Así pois, Perdue, nos leva por un percorrido histórico que ten o seu punto de inflexión na figura de Hitler, como sabedor dos segredos do Vaticano e chantaxista do Papado.

As 544 páxinas que compoñen a reveladora novela están repletas de historia, arte, política e teoloxía, converténdose nunha obra de obrigada lectura e nunha caudalosa fonte de enriquecemento cultural.

 

Sara Comesaña Doiro. 2º Xornalismo- A. (Marzo)

 

May 28, 2008 at 9:05 pm Deja un comentario

Gerda Taro. Fotógrafa de guerra – Fernando Olmeda.

         O escritor, xornalista e presentador de televisión Fernando Olmeda nos amosa a vida de Gerda Taro, a fotógrafa de guerra que morreu na batalla de Brunete mestres sacaba instantáneas da guerra Civil española en 1937.

        «A pequena loira», coma é coñecida mundialmente, soe ser inxustamente considerada a sombra do seu compañeiro sentimental e tamén reporteiro Robert Capa. Por iso, Olmeda fai un percorrido pola vida de Taro, dende a súa nenez condicionada pola excéntrica forma de vida dos seus pais ata a súa fatídica morte, pasando por varios episodios tráxicos de detencións nazis, cárceres, pobreza e miseria humana.

        A particularidade deste obra reside en que o lector, a partir das aportacións de Olmeda, pode coñecer tamén  o contexto no que se movía a fotógrafa, os persoeiros dos que se rodeaba, e poder así comprender o porqué do seu compromiso coas súas conviccións e a súa vocación.

       Ademáis, presta especial interese ás viaxes de Gerda a España e a súa involucración na Guerra Civil. Nos fala dunha pioneira que se abriu camiño nun mundo de homes e que formou parte dunha sociedade de artistas e artesans da fotografía, sendo probablemente, un dos persoeiros más fugaces .

      Coa aportación das súas misivas íntimas e a reproducción das súas conversacións con ditas figuras do reportaxeirismo, abona a súa lenda, e fai ao lector partícipe da súa personalidade indómita, do seu gusto pola vida e a aventura, e da súa paixón polos homes e os riscos.

 

Sara Comesaña Doiro. 2º Xornalismo -A (Febreiro)

May 28, 2008 at 9:04 pm Deja un comentario

«El periodismo cultural»- Jorge Rivera

           Jorge Rivera, xornalista e investigador arxentino presenta en «El periodismo cultural» unha introducción ao xénero, que define coma «unha zona complexa e heteroxénea de medios, xéneros e productos que abordan con propósitos creativos, críticos, reproductivos ou divulgatorios os terrenos das «belas artes», «as belas letras», as corrientes do pensamento, as ciencias sociais e humanas, a chamada cultura popular e moitos outros aspectos que teñen que ver coa producción, circulación e consumo de bens simbólicos, sen importar a súa orixe ou destinación estamental».

           Amósanos un extenso campo sen delimitación dentro panorama xornalístico, onde coexisten os marcos de natureza informativa co literario e o ensaio, sendo ademais o espazo de lexitimación para cada un dos xéneros abordados.  Parte dos pioneiros escritores- xornalistas Swift ou Defoe que publicaban en xornais dodecanónigos coma «The Tatler» ou «The spectator» que introduciron a transmisión da «alta cultura» destinada aos membros da sociedade que podían presumir dun abano de coñecementos que abarcaba tódolos campos sociais, artísticos ou científicos.

          O xornalismo social revisa textos plurisémicos, que permiten diferentes lecturas e teñen un carácter fundamentalmente aberto, e que se amosan atractivos estética e culturalmente ante un público que busca o entretemento e a ampliación dos coñecementos, vinculado a idea emerxente do consumismo como base da satisfacción momentánea humana.

          A inicial importancia do devandito xénero reside en que, coa súa aparición, xorde a idea de xornalista coma «artista» e «intelectual», e favorece a súa consideración de profesión ben valorada socialmente, afastándose do carácter pexorativo que tivera en tempos anteriores. Esta consideración da lugar ao nacemento dos dereitos do xornalista, á creación de asociacións e a producción de novos textos e publicacións de carácter informativo e cultural.

         Jorge Rivera, no seu estudo, fai especial fincapé na figura do espectador, como causa e destino de calquera proceso xornalístico, que determina a calidade e aceptación dos productos no mercado e a posterior reproducción.

       Ditos productos -prensa, música, cine, pintura…- contribuíron a enriquecer os debates e a prantexar horizontes intelectuais e puntos de ruptura moitas veces estimulantes para a renovación dos grandes patrimonios ideolóxicos e estéticos das nosas sociedades.

     Coma apéndice testimonial, dezaseis especialistas, coma Kupchik, Gregorich, Horacio González, Aníbal Ford ou Blanca Rébori aportan a súa personal visión sobre o xénero, baseándose na súa experiencia profesional e relacionando os seus estudos coa exposición do xornalismo cultural do prolífico xornalista e literato Jorge Rivera.

 

Sara Comesaña Doiro, 2º de Xornalismo, grupo A. (Xaneiro)

 

May 28, 2008 at 9:00 pm Deja un comentario

Como una gota – Maruja Torres

 «Como una gota» é unha recopilación de artigos publicados por Maruja Torres no diario «El País» entre 1986 e 1995.

O libro está dividido en nove capítulos que conteñen textos de moi diversa temática, dende as relacións humanas ata a crítica mordaz á violencia, percorrendo un longo camiño de amigos falecidos e paixóns de antonte. Comeza cunha  inxeniosa sátira acerca das mulleres xoves que se relacionan con homes maduros, coa que Torres reivindica a súa disconformidade, non por envexa nin por conservadurismo, senon porque asimila que non pode competir con elas, aínda empregando a súa intelixencia e a súa cultura.

Además deste tópico, a autora presenta tamén outros artigos reinvicativos, ou varios lúdicos e artísticos, sempre empregando o seu característico humor negro e unha ironía case destructiva.

Trátase dunha serie de fácil e fluída lectura, cunha prosa moi rica, e unha lembranza aos acontecementos políticos, históricos e sociais que tiveron lugar no periodo que abrangue a publicación de ditos textos xornalísticos.
 

 

 

Sara Comesaña Doiro 2ºXornalismo- A. (Decembro)

 

 

May 28, 2008 at 8:56 pm

Rosa Montero, Entrevistas.

«Escribo porque no puedo vivir sin escribir.»

«Empecé a escribir de niña. A los cinco años caí enferma de tuberculosis y me pasaba los días en la cama leyendo y escribiendo cuentecitos horribles de ratitas que hablaban y cosas así, todos llenos de faltas de ortografía…. Y desde entonces no dejé de escribir ficción. Desde que me recuerdo como persona, me recuerdo escribiendo.»

A vocación escritora que mostra Rosa Motero reflíctese na súa agudeza nasRosa Montero entrevistas.

Na loita de sumo na que se pode converter unha entrevista en toda regrea Rosa Montero sabe como sacar ao seu contrincante do cículo regramentario, unha metáfora do politicamente correcto.

Podemos observar na escolma de entrevistas do diario «El País» como saiu airosa de diversas e complicadas entrevistas: a realizada a Fraga, a Yasir Arafat e noutro ámbito as realizadas a personaxes famosos como Pedro Almodóvar.

«Yo me considero una escritora que cultiva la ficción, el ensayo y el periodismo. No sé por qué parece sorprender a la gente que compagines periodismo y narrativa, cuando es algo de lo más común.»

Escritora versátil, consegue plasmar a súa opinión en cada artigo e entrevista sen traspasar a fronteira do obvio e mostrándonos pequenos anacos do mundo do real, de xeito sutil pero punzante.

Manuel Turnes Fernández (Abril)

May 28, 2008 at 6:48 pm Deja un comentario

Una historia: dos relatos, Péter Esterházy e Imre Kertész

Os dous relatos que nos presentan estes dous escritores trasládannos a un mesmo espazo físico e a unha mesma situación pero a dous momentos diferentes temporalmente. A idea principal pola que se estruturan os relatos é unha viaxe que os dous realizan por separado saíndo de Budapest e como no tren que os leva a outro país teñen que enfrontarse as aduanas onde son sometidos as preguntas burocráticas dos encargados das aduanas que os humillan por levar máis diñeiro do supostamente permitido dentro do país a persoas que veñen de fóra. A situación, que pode parecer ridícula e propia de países onde hai un réxime totalitario sucede en Viena. Deste xeito o lector pregúntase ata que punto se pode considerar como democrático un país que está incluído dentro dunha estrutura que defende esta forma de goberno como é a Unión Europea.

Ningún dos dous relatos, a pesar de estar incluídos dentro do mesmo libro depende do outro. Son relatos independentes, escritos por dous escritores diferentes pero que viviron unha mesma situación. Porén, hai que recoñecer que o segundo relato de Imre Kertész está influído polo primeiro de Péter Esterházy do que recolle algúns fragmentos para orientar ao lector. Especialmente significativo é como remata o segundo relato, que obriga ao lector a situarse no final do primeiro porque a postura ante o abuso cometido é diferente dependendo do autor. Por último, aínda que os escritores non son xornalistas, podemos considerar o seu testemuño por escrito como unha especie de crónica ou de reportaxe na que explican unha experiencia que eles viviron, pero que pode ser facilmente unha experiencia que pode vivir calquera cidadán, que é reflexo dunha situación coa que pretenden colocar ao lector perante unha realidade descoñecida para el. Deste xeito o relato literario tamén desempeña unha función de relato xornalístico, aínda que sen demasiada carga crítica.

Reseña de maio

Celia Liliana Alfaya Araújo

May 28, 2008 at 2:49 pm

La rabia y el orgullo. Oriana Fallaci

Cunha forza que ás veces pode chegar a ser intolerante, Oriana Fallaci rompeu o seu silencio voluntario na mañá na que o caos se fixo eterno e as Torres Xemelgas de Nova Iork quedaron reducidas a pouco máis que cinzas e uns poucos cascallos. Foi unha apocalipse que non moi lonxe da súa casa do exilio en Manhattan logrou que brotase de Fallaci un grito profundo de constante alento dirixido a todos aqueles que xustificaron ou mesmo vitorearon o ataque terrorista aos EEUU (bien-a-los-americanos-les-está-bien). La rabia y el orgullo é o resultado dese grito, dese berrar sen mágoa nin contemplacións, un discurso que lle amosa ao lector a realidade dun islamismo radical que persegue unha guerra diferente ás demais, unha Guerra Santa. A mesma autora describe a súa obra como un sermón onde con valentía lanza duras acusacións apoiadas nunha mesta sinceridade que a sumen na obriga de increparlle a Europa a súa posición ante a guerra que Estados Unidos mantén contra o terrorismo. Nas palabras intensas e ás veces cortantes, non cabe unha análise serena, Oriana non deixa espazos para o diálogo ou para o achegamento de diferentes visóns sobre o mundo. Só hai espazo para un ataque polémico e brutal, non só contra Osama Bin Laden, senón contra os musulmáns e a súa forma de vivir á cal, Oriana achega dolorosos recordos dalgunha das súas experiencias de matanzas en Irán e Bangla Desh, persecucións islámicas contra os budistas, masacres perpetradas no Líbano e horrendas execucións de mulleres en Afganistán. Máis que un relato, Oriana consegue deste pequeno artigo xornalístico unha declaración de rabia e de orgullo que describe un mundo infestado do movemento politicamente correcto, onde non hai verdades absolutas e onde todas as culturas se consideran hipocritamente iguais.

Silvia Mella Alonso

May 28, 2008 at 2:26 pm


May 2008
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo