“El periodismo cultural”- Jorge Rivera

mayo 28, 2008 at 9:00 pm Deja un comentario

           Jorge Rivera, xornalista e investigador arxentino presenta en “El periodismo cultural” unha introducción ao xénero, que define coma “unha zona complexa e heteroxénea de medios, xéneros e productos que abordan con propósitos creativos, críticos, reproductivos ou divulgatorios os terrenos das “belas artes”, “as belas letras”, as corrientes do pensamento, as ciencias sociais e humanas, a chamada cultura popular e moitos outros aspectos que teñen que ver coa producción, circulación e consumo de bens simbólicos, sen importar a súa orixe ou destinación estamental”.

           Amósanos un extenso campo sen delimitación dentro panorama xornalístico, onde coexisten os marcos de natureza informativa co literario e o ensaio, sendo ademais o espazo de lexitimación para cada un dos xéneros abordados.  Parte dos pioneiros escritores- xornalistas Swift ou Defoe que publicaban en xornais dodecanónigos coma “The Tatler” ou “The spectator” que introduciron a transmisión da “alta cultura” destinada aos membros da sociedade que podían presumir dun abano de coñecementos que abarcaba tódolos campos sociais, artísticos ou científicos.

          O xornalismo social revisa textos plurisémicos, que permiten diferentes lecturas e teñen un carácter fundamentalmente aberto, e que se amosan atractivos estética e culturalmente ante un público que busca o entretemento e a ampliación dos coñecementos, vinculado a idea emerxente do consumismo como base da satisfacción momentánea humana.

          A inicial importancia do devandito xénero reside en que, coa súa aparición, xorde a idea de xornalista coma “artista” e “intelectual”, e favorece a súa consideración de profesión ben valorada socialmente, afastándose do carácter pexorativo que tivera en tempos anteriores. Esta consideración da lugar ao nacemento dos dereitos do xornalista, á creación de asociacións e a producción de novos textos e publicacións de carácter informativo e cultural.

         Jorge Rivera, no seu estudo, fai especial fincapé na figura do espectador, como causa e destino de calquera proceso xornalístico, que determina a calidade e aceptación dos productos no mercado e a posterior reproducción.

       Ditos productos -prensa, música, cine, pintura…- contribuíron a enriquecer os debates e a prantexar horizontes intelectuais e puntos de ruptura moitas veces estimulantes para a renovación dos grandes patrimonios ideolóxicos e estéticos das nosas sociedades.

     Coma apéndice testimonial, dezaseis especialistas, coma Kupchik, Gregorich, Horacio González, Aníbal Ford ou Blanca Rébori aportan a súa personal visión sobre o xénero, baseándose na súa experiencia profesional e relacionando os seus estudos coa exposición do xornalismo cultural do prolífico xornalista e literato Jorge Rivera.

 

Sara Comesaña Doiro, 2º de Xornalismo, grupo A. (Xaneiro)

 

Anuncios

Entry filed under: General.

Como una gota – Maruja Torres Gerda Taro. Fotógrafa de guerra – Fernando Olmeda.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: