La rabia y el orgullo. Oriana Fallaci

mayo 28, 2008 at 2:26 pm

Cunha forza que ás veces pode chegar a ser intolerante, Oriana Fallaci rompeu o seu silencio voluntario na mañá na que o caos se fixo eterno e as Torres Xemelgas de Nova Iork quedaron reducidas a pouco máis que cinzas e uns poucos cascallos. Foi unha apocalipse que non moi lonxe da súa casa do exilio en Manhattan logrou que brotase de Fallaci un grito profundo de constante alento dirixido a todos aqueles que xustificaron ou mesmo vitorearon o ataque terrorista aos EEUU (bien-a-los-americanos-les-está-bien). La rabia y el orgullo é o resultado dese grito, dese berrar sen mágoa nin contemplacións, un discurso que lle amosa ao lector a realidade dun islamismo radical que persegue unha guerra diferente ás demais, unha Guerra Santa. A mesma autora describe a súa obra como un sermón onde con valentía lanza duras acusacións apoiadas nunha mesta sinceridade que a sumen na obriga de increparlle a Europa a súa posición ante a guerra que Estados Unidos mantén contra o terrorismo. Nas palabras intensas e ás veces cortantes, non cabe unha análise serena, Oriana non deixa espazos para o diálogo ou para o achegamento de diferentes visóns sobre o mundo. Só hai espazo para un ataque polémico e brutal, non só contra Osama Bin Laden, senón contra os musulmáns e a súa forma de vivir á cal, Oriana achega dolorosos recordos dalgunha das súas experiencias de matanzas en Irán e Bangla Desh, persecucións islámicas contra os budistas, masacres perpetradas no Líbano e horrendas execucións de mulleres en Afganistán. Máis que un relato, Oriana consegue deste pequeno artigo xornalístico unha declaración de rabia e de orgullo que describe un mundo infestado do movemento politicamente correcto, onde non hai verdades absolutas e onde todas as culturas se consideran hipocritamente iguais.

Silvia Mella Alonso

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

Rosa Montero, Entrevistas Una historia: dos relatos, Péter Esterházy e Imre Kertész


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: