Archive for May 21, 2008

Sufre mamón. La banda sonora de nuestra juventud

Ana Abad de Larriva

“Ninguén morre mentres non se lle esqueza”

 

Ler Sufre mamón. La banda sonora de nuestra juventud deume folgos. Dun xeito inexplicable. Interesante, amena. A historia de catro rapaces humildes, creativos, sen ningún afán máis alá do de seren felices. Alleos, sorprendidos ante as paixóns que desataban. Pero tamén o periplo vital de dous pares de artistas acoitelados pola envexa, a xenreira, a insidia e a calumnia de nefandos papaventos. Roupa interior voadora, histéricas seguidoras que gatuxan edificios para introducirse en habitacións nas que descansan cantantes en roupa interior. Pedradas malintencionadas, hipocondrías esaxeradas, encerros moi produtivos. Risos na escuridade e anécdotas curiosas.

 O problema é o de sempre. Unha biografía de Hombres G, xornalismo?  Prexuízos, ideas preconcebidas e ignorancia ao por maior. Desprezo, cara os Hombres G e o xornalismo musical en xeral. Si, e para algunhas persoas, véxase Javier León Herrera, énos unha vocación. Os Hombres G rexurdiron, e o xornalismo musical?, algún día tamén o fará. Aínda que ningún dos dous sexa de xeito inherente pijo, crido e altamente azucrado, que é o que parece se agarda de todo produto dirixido as masas. Non morrerán.

 

May 21, 2008 at 7:01 pm Deja un comentario

<!– @page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm } P { margin-bottom: 0.21cm } –>

Fran Alonso amosa en Males de cabeza, a sua faceta de xornalista e escritor. O libro xira arredor da loucura e da sociedade, cun certo grao de crítica e protesta,. Todo isto faino cunha descripción e unha analise das personaxes e das situacións, propias do máis atento investigador. Grazas ao descurso narrativo tremendamente variado de Alonso, podemos comprender mellor un mundo que nos é ben coñecido, pero ao mesmo tempo alleo, o mundo da loucura.

Fran Alonso busca tamen conseguir de nós máis que unha lectura pasiva. Pretende abrirnos os ollos, amosandonos situacións que se dan día a día e que polo noso ben preferimos enterrar o no oco máis fondo dos nosos cerebros.

Dende os monólogos, ata as testemuñas en primeira persoa, pasando polos contos populares reformulados, o autor sumerxenos nunha realidade da que moitas veces se esquecen os medios.

En resumo, Males de cabeza é máis que un libro sobre a loucura. É capacidade de observación e análise plasmada nunha serie de historias ficticias pero que conseguen facernos pensar e reflexionar, algo cada vez menos habitual na actualidade.

M.Cristina Pereiro Paz

May 21, 2008 at 5:15 pm Deja un comentario

Os medios na era do coñecemento, de Tapio Varis

Os medios na era do coñecemento, de Tapio Varis é unha obra que analiza o tema da influencia dos medios no mundo durante a nosa era, a chamada era do coñecemento.

Esta era vén fortemente marcada pola “multimediatización” e tamén, non tanto pola perda de influencia dos medios tradicionais (radio e prensa escrita), senón porque cada vez atraen menos á xente. É que a televisión e os medios electrónicos son moito máis atractivos.

Fala, xa no noso tempo, do comezo do fin dos medios de masas. O motivo polo que o autor supón que teñen os días contados é a especialización dos medios. Nun futuro non haberá menos cantidade de medios, pero estes terán maior especialización temática. Di que, deste xeito, se superará un dos grandes problemas da maior parte dos medios actuais, a mediocridade.

Tamén alerta este libro sobre o perigo que ten a “avalancha” de información da era na que vivimos. Tanto as redaccións xornalísticas coma a xente está sobresaturada de información relativa a uns poucos temas. Esta sobreinformación da sociedade sobre algúns temas en realidade o que produce é desinformación. Hai tal cantidade de información que moita xente non é quen de analizala ou ordenala na súa mente de xeito que a entenda. Isto leva a unha perda de interese con respecto a eses temas, por aburrimento e porque se volven demasiado complexos como para seguilos a diario. Pola contra, hai certos temas que son importantes e que se tratan en ocasións contadas.

É unha obra moi completa e trata temas tamén como o poder de quen posúe o control dos grandes medios de comunicación e do seu papel na globalización.

Manuel González Leis. Mes de maio

May 21, 2008 at 2:08 pm Deja un comentario

Ébano

Testimonio de las experiencias vividas del autor, Kapuscinski, durante cuarenta años de viajes, intercambios personales, experiencias de vida y muerte, momentos históricos…

  

Crónica de un hombre valiente como Kapuscinski, que habla de pueblos igualmente valientes como los africanos. El autor dice que no hay sólo una África, hay muchas y variadas.

  

El tema del argumento es indudablemente “La esclavitud”. Ébano, obra publicada por primera vez en Polonia en 1998, trata la historia de una pareja de enamorados que ve arruinada su luna de miel, al toparse en su camino una caravana de negreros.

 

 El lector se sumerge en el libro, imaginándose los personajes y viviendo la historia a través de los ojos del autor. Al leer esta historia sientes con los que sufren la injusticia, con aquellos que llegan a dar su vida a cambio de la Libertad.

 

  

Marta Frade Bello

May 21, 2008 at 8:21 am


May 2008
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo