Os medios na era do coñecemento, de Tapio Varis

mayo 21, 2008 at 2:08 pm Deja un comentario

Os medios na era do coñecemento, de Tapio Varis é unha obra que analiza o tema da influencia dos medios no mundo durante a nosa era, a chamada era do coñecemento.

Esta era vén fortemente marcada pola “multimediatización” e tamén, non tanto pola perda de influencia dos medios tradicionais (radio e prensa escrita), senón porque cada vez atraen menos á xente. É que a televisión e os medios electrónicos son moito máis atractivos.

Fala, xa no noso tempo, do comezo do fin dos medios de masas. O motivo polo que o autor supón que teñen os días contados é a especialización dos medios. Nun futuro non haberá menos cantidade de medios, pero estes terán maior especialización temática. Di que, deste xeito, se superará un dos grandes problemas da maior parte dos medios actuais, a mediocridade.

Tamén alerta este libro sobre o perigo que ten a “avalancha” de información da era na que vivimos. Tanto as redaccións xornalísticas coma a xente está sobresaturada de información relativa a uns poucos temas. Esta sobreinformación da sociedade sobre algúns temas en realidade o que produce é desinformación. Hai tal cantidade de información que moita xente non é quen de analizala ou ordenala na súa mente de xeito que a entenda. Isto leva a unha perda de interese con respecto a eses temas, por aburrimento e porque se volven demasiado complexos como para seguilos a diario. Pola contra, hai certos temas que son importantes e que se tratan en ocasións contadas.

É unha obra moi completa e trata temas tamén como o poder de quen posúe o control dos grandes medios de comunicación e do seu papel na globalización.

Manuel González Leis. Mes de maio

Anuncios

Entry filed under: General.

Ébano

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: