Archive for May 2, 2008

Áfricas, cosas que pasan no tan lejos.

Áfricas, cosas que no pasan tan lejos, un retrato das costumes da poboación, da miseria, da pobreza, da morte, das enfermedades que asolan ó pobo, das violacións, da mendicidade… Tamén das guerras e do comercio de armas. Das guerras esquecidas, das guerras de homes armados contra homes indefensos, e dos Señores da guerra.Do egoísmo, a hipocresía e da indignidade destes.

 

É unha lectura que fai perder a inocencia dos lectores dun país moderno, asentado na sociedade de consumo e “políticamente correcto”.

Bru Rovira pensa que o destino de África non ten ningunha esperanza, a non ser que, como dixo Borges, todos nós sexamos personaxes de ficción e que a auténtica realidade sexa outra.

 

Está presente tamén o eterno conflito dos reporteiros: retratar a realidade de maneira aséptica ou implicarse nela?. Chega con pensar na coñecida foto da nena a carón dun buitre que Bru Rovira retrata neste libro. Non debería prevalecer a axuda antes co traballo?.

Bru indaga tamén no xornalismo, profesión na que ninguén está “inmunizado contra el cinismo” e na que prima o “impacto” mais ca credibilidade.

Africas é sobre todo un espazo para a reflexión, do noso mundo, de nós mesmos e do papel do reporteiro de guerra. Ó fin e ó cabo a nosa relación con África é como dixo Rovira un sentimento “que es preferible ignorar lo que no podemos soportar; ignorarlo también porque, de saberlo, no podriamos soportarnos a nosotros mismos”.

 

 

Alba Silva Rodríguez

May 2, 2008 at 9:41 am Deja un comentario


May 2008
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo