Una historia: dos relatos, Péter Esterházy e Imre Kertész

mayo 28, 2008 at 2:49 pm

Os dous relatos que nos presentan estes dous escritores trasládannos a un mesmo espazo físico e a unha mesma situación pero a dous momentos diferentes temporalmente. A idea principal pola que se estruturan os relatos é unha viaxe que os dous realizan por separado saíndo de Budapest e como no tren que os leva a outro país teñen que enfrontarse as aduanas onde son sometidos as preguntas burocráticas dos encargados das aduanas que os humillan por levar máis diñeiro do supostamente permitido dentro do país a persoas que veñen de fóra. A situación, que pode parecer ridícula e propia de países onde hai un réxime totalitario sucede en Viena. Deste xeito o lector pregúntase ata que punto se pode considerar como democrático un país que está incluído dentro dunha estrutura que defende esta forma de goberno como é a Unión Europea.

Ningún dos dous relatos, a pesar de estar incluídos dentro do mesmo libro depende do outro. Son relatos independentes, escritos por dous escritores diferentes pero que viviron unha mesma situación. Porén, hai que recoñecer que o segundo relato de Imre Kertész está influído polo primeiro de Péter Esterházy do que recolle algúns fragmentos para orientar ao lector. Especialmente significativo é como remata o segundo relato, que obriga ao lector a situarse no final do primeiro porque a postura ante o abuso cometido é diferente dependendo do autor. Por último, aínda que os escritores non son xornalistas, podemos considerar o seu testemuño por escrito como unha especie de crónica ou de reportaxe na que explican unha experiencia que eles viviron, pero que pode ser facilmente unha experiencia que pode vivir calquera cidadán, que é reflexo dunha situación coa que pretenden colocar ao lector perante unha realidade descoñecida para el. Deste xeito o relato literario tamén desempeña unha función de relato xornalístico, aínda que sen demasiada carga crítica.

Reseña de maio

Celia Liliana Alfaya Araújo

Anuncios

Entry filed under: General, Reseña.

La rabia y el orgullo. Oriana Fallaci Rosa Montero, Entrevistas.


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: