El año que trafiqué con mujeres, Antonio Salas

May 27, 2008 at 8:58 am Deja un comentario

Antonio Salas sabe ser Antonio Salas, quen é de verdade, un skinhead e tamén un proxeneta. En definitiva Antonio Salas é un xornalista mutante. Traficou con mulleres un ano para saber que había detrás de tantas saias curtas, pintalabios baratos e matóns musculosos. E a verdade puido con el. Asqueado da vida aínda sacou azos para relatar a súa experiencia en El año que trafiqué con mujeres , e o que lle ofrece ó lector é morder a negrura de tantas verdades antes superficiais.

A historia tráxica é a da puta que non quere selo, é dicir, a da muller prostituída, e destas, o xornalista atopou a mancheas.

Dividido en capítulos que responden ós momentos cumio da súa infiltración, o libro vai tornando en  máis verdadeiro có que adoitamos coñecer da vida pero nada máis real ca ela. Con máis información e menos ignorancia mestúrase no lector o noxo e a impotencia: non é unha, son milleiros.

 

María Docampo

Entry filed under: General.

Dicionario para pobres. Francisco Umbral Galicia, Galicia Manuel Rivas


May 2008
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo