Galicia, Galicia Manuel Rivas

mayo 27, 2008 at 9:08 am Deja un comentario

 

     A Galicia, Galicia de Manuel Rivas é unha Galicia irónica obxecto dun frustrado conquistador romano que aproveita os ocos negros da democracia para transpirar as súas ansias totalitarias. O astuto conquistador, de nome Fraga, Manuel Fraga,  ten como propósito que Galicia sexa en verdade o mellor país do mundo. Un país no que os conflitos se solucionen enchendo o bandullo.  A golpe de patacas, cocido, mariscos e, se fai falla, un embalse de augardente. Todo está calculado: a onde non chega o poder de Fraga chega o axente especial Catoira. Como bo mandado, Catoira mete o fociño (menos o sentido) en todo conflicto de importancia para os intereses do seu xefe. Alí onde acaba o surrealismo comeza  a vida política galega. Este é o lugar onde unha festa da pataca sen patacas é posible. Esta é a Galicia oficial na que o totalitarismo trasnoitado medra e se reproduce.

     Manuel Rivas recolle nesta antoloxía pezas xornalísticas que conforman un todo coherente, dando pé a unha crítica compacta que se le coma un relato. O autor realiza unha radiografía da política do país en clave irónica, que ten  coma contrapunto a amarga realidade da corrupción no poder. Favores, conspiracións, festas, festas, festas e máis festas. Son as prediccións cumpridas do exercicio da liberdade crítica. É o poder do absurdo levado á práctica.

María Docampo

Anuncios

Entry filed under: General.

El año que trafiqué con mujeres, Antonio Salas Áfricas, Bru Rovira

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: