Periodismo oral. Hablar y escribir para radio y televisión, de Iván Tubau

May 22, 2008 at 3:58 pm Deja un comentario

Desde sempre nos dixeron que escribir para un medio audiovisual non é coma escribir para un medio escrito. Na facultade din que hai que escribir como se fala, para poder ler coma se se estivese falando. Para todos, teóricos ou profesionais dos medios esa é a clave, é a premisa básica para poder transmitir naturalidade.

Este libro non é xustamente un manual, nin tampouco un tratado de alta especulación teórica. A formación xornalística e en filoloxía deulle as bases para poder aconsellar sobre a linguaxe. Foi quen de crear esta ferramenta de aprendizaxe para calquera que precise mellorar a súa expresión oral.

“Todos podemos falar, faltaría máis. Pero á hora de facer periodismo oral para a radio e a televisión, á hora de falara profesionalmente, hai que acadar uns mínimos de calidade elocutiva. O oínte ten dereito a entender.” Esta cita sintetiza os obxectivos que pretenden que as persoas acaden con este libro.

Iván Tubau considera que para non entorpecer á xente que fala (que ten que ler) en público, cada fonema debe corresponder cun grafema. Comenta os casos do castelán nos que non se cumpre, cuestionando a actividade da RAE. Sitúa a realidade por encima da norma. O libro está ilustrado con multitude de exemplos, baseados na súa experiencia profesional e na súa formación.

O autor divide o libro en tres partes tituladas: “Hablar como la gente”, “Escribir para quien oye” e “Palabra de actor y de periodista”, títulos que son suficientemente ilustrativos do seu contido para o astuto lector.

Hai quen afirma que a boa pronuncia é a que se achega á escritura, Tubau afirma que a mellor escritura é a que se achega á pronuncia.

Manuel González Leis. (mes de decembro)

Entry filed under: General.

Los guardianes de la libertad, de Noam Chomsky e Edward S. Herman Notas de prensa 1980-1984


May 2008
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo