Notas de prensa 1980-1984

mayo 22, 2008 at 7:56 pm

Din que un xornalista debe ser obxectivo. Escoller os termos axeitados para que a súa nova quede o menos subxectiva posible. E escollendo, escollendo corremos o risco de escribir algo que ademais de non ser obxectivo (tódalas palabras teñen unha carga importante de subxectividade) será frío, distante e resultaralle totalmente alleo ó lector. Din tamén que temos que escoller os feitos sobre os que escribiremos atendendo a unha escala prefixada de importancia. Que non todo ten cabida nun xornal. “Hai pouco espazo e vémonos na obriga de escoller”. E escollendo, escollendo volvemos correr outro risco, o de non tratar determinados temas que interesan, pero que pola súa cotidianeidade consideramos vulgares e inmerecedores de ocupar unhas cantas liñas nun diario.

Gabriel García Márquez sabe escoller. Sabe escoller as palabras e os temas. E sabe darlle a cada tema o tratamento que merece. Converter un denso artigo sobre política nun conto sen restarlle credibilidade ou relevancia  e dotar un acontecemento do día a día coa maxia de quen sabe que os pequenos momentos acaban sendo os máis importantes.

Pero o que máis me sorprendeu de García Márquez é esa habilidade especial que parece ter para captar a esencia daqueles personaxes que protagonizan as súas notas de prensa. En apenas uns parágrafos, o lector consegue conectar co personaxe retratado e sinte como o  invade unha profunda tristeza por non ter tido a oportunidade ou o acerto de habelo coñecido. Ó fin e ó cabo, esa é a diferenza entre o periodismo a secas e o bo periodismo. Non chega con contar cumprindo as normas básicas de redacción de calquera libro de estilo, tamén hai que facer que algo se remova dentro de cada lector.

“Y ese día era periodista ya…”  

 

Rocío Balsa Lourido

 

Anuncios

Entry filed under: General.

Periodismo oral. Hablar y escribir para radio y televisión, de Iván Tubau “Los cínicos no sirven para este oficio”


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: