Amante en guerra, Maruja Torres

May 5, 2008 at 12:42 pm

“Amante en guerra” é a derradeira obra de Maruja Torres, xornalista que forma parte da plantilla de El País. Nas primeiras páxinas, a catalana advirte que non se trata dunha colección de crónicas de Oriente Medio. Deixa ben claro que simplemente é a historia da súa relación de amor e odio con Beirut. Ao saltar as primeiras noticias do conflito non foi capaz de quedar sentada na redacción en Barcelona. Maleta e valor en man, voou sen billete de volta.

 

Semella un diario que debuxa con trazos claros un impactante conflito, cos seus verdugos e vítimas.  O estado de Israel inicia unha guerra contra o país veciño. O 12 de Xullo do 2006, a organización chiíta Hezbolá, grupo terrorista, comunicou a captura de dous soldados israelís nun enfrontamento. Israel, en represalia iniciou a operación Recompensa Xusta, a súa primeira ofensiva militar aérea e marítima sobre territorio libanés. E unha crónica que retrocede no tempo. Comeza pola evacuación, o vintecinco de xullo e remata co retorno en setembro.

 

Na obra, mestúranse recordos doutras viaxes e sentimentos varios. Son impactantes as imaxes, entrevistas, declaracións, encontros… Os protagonistas, Maruja, os compañeiros de profesión e todos os beirutíes que deixaron pegada na escritora. Mostra a cara amarga da profesión xornalística pero tamén a recompensa de ser capaz de facer chegar unha historia, vivíndoa en primeira persoa.

 

“Una guerra me dio Beirut y, cuando creía haberla perdido para siempre, otra guerra me la devolvió”.

 

Rocío Álvarez García

Entry filed under: Reseña.

Charles Bukowski: «Música de cañerías» «Mientras Vivimos» por Maruja Torres (Xaneiro)


May 2008
L M X J V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo