Una historia: dos relatos. Imre Kertész e Péter Esterházy

marzo 4, 2008 at 5:26 pm Deja un comentario

  

   

 Nun mesmo libro reúnense dous relatos semellantes que tratan un mesmo tema: o sometemento e a ausencia de liberdade.peter_esterhazy.jpg Baixo un relato curto e denso, agochada detrás dunha viaxe en tren dende Budapest até Viena, atópase unha reflexión sobre a degradación á que pode chegar unha persoa tras soportar varias décadas de humillante ditadura. libro.gifO escritor húngaro Imre Kertész conta como aínda persiste unha pegada fascista difícil de erradicar que o segue perseguindo mesmo travestida mediante unha represión informal nas aduanas das estacións de tren. Cun estilo forte e directo, e mesmo quizais sobrecargado, Kertész fala co seu inconsciente e co lector desenvolvendo a súa escrita como unha reflexión de autoanálise á vez que unha crítica ao mundo que o rodea. Fala dos seus medos, das súas contradicións e dos seus sentimentos, e afirma que “ser moral nun mundo inmoral é inmoral”.  

   Expediente, é o nome do relato de Kertész. kertesz_imre.jpgRelato que lle veu á memoria a Péter Esterházy cando se dirixía a Viena e se veu sometido a un control de aduanas semellante ao de Kertész (que ben podía ser o mesmo). Un control de aduanas que o obrigou a escribir Vida y literatura, outra versión dunha mesma anécdota que o leva a acadar o grado de interpretación dunha vida. É dicir, de dúas vidas pouco separadas no tempo e paralelas. Kertész e Esterházy.  Dous escritores húngaros cun humor ácido que converten o seu pensamento en narración. Dous grandes da literatura europea que trasladan ao papel unha reflexión profunda sobre a gravidade da existencia, sobre a liberdade e sobre a angustia de sobrevivir enfrontándose á propia vida nun mundo onde son posíbeis todo tipo de crimes e absurdos.    

Silvia Mella Alonso

Entry filed under: General.

Diario de un skin.Un topo en el movimiento neonazi español gorazde


marzo 2008
L M X J V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo