Archive for marzo 10, 2008

La hoguera de las vanidades, de Tom Wolfe

la-hoguera-de-las-vanidades.jpg
A caída desde o cumio do mundo a inferno por culpa dun erro. Tom Wolfe narra o descenso aos infernos do broker da bolsa neoiorquina Sherman McCoy, nunha novela publicada orixinalmente por capítulos na coñecida revista Rolling Stone.

O autor amosa como os medios converten un feito que pasaría desapercibido (como é un atropelo no conflitivo barrio do Bronx) nunha suposta cruzada contra o racismo imperante. Xornais e televisións constrúen unha realidade en base aos intereses de determinados grupos de presión sacando as cousas do seu contexto e magnificando cando fai falla. Un estudante que simplemente asistía a clase convértese nun alumno brillante, un condutor que fuxe do lugar onde cree que o ían atracar pasa a ser un branco racista e un reporteiro alcoholizado vido a menos convértese nun as do xornalismo.

Wolfe radiografa o interior do sistema xudicial e as súas corruptelas, os estereotipos políticos e étnicos (o xudeu, o irlandés, o italiano, o WASP) da cidade de Nova York, así como a alta sociedade desta gran urbe. O racismo, o mundo das altas esferas financeiras e o dos baixos fondos, os pisos de dous millóns de dólares de Park Avenue e os apartamentos de protección social do Bronx serven de escenario a esta historia.

Se ben certos aspectos ou detalles da novela ficaron xa anticuados, com

o as diferentes estéticas e modas descritas até o extremo por Wolfe, esta obra segue a ser unha gran análise da realidade neoiorquina desde o xornalismo.

 

Santiago Agra Bemejo

 

Anuncios

marzo 10, 2008 at 6:36 pm Deja un comentario

Reporteiro de Guerra en Iugoslavia

 

Son poucos os xornalistas co valor de adentrarse nunha guerra e vivir os horrores e atrocidades que alí se cometen. Delmi Álvarez forma parte deste pequeno montón de xornalistas en perigo de extinción. Un fotoxornalista comprometido que non dubida en coller un avión e ir ás guerras de Croacia e Bosnia dos anos 90 e narrar mediante imaxes e palabras a súa propia testemuña.

 

delmi-alvarez.jpg

Será observador da fame, violencia, mortes inxustificadas, familias rotas, soldados que abusan do seu propio poder… un observador que pretende reflexar a realidade e que sofre ao vela, pero ao igual que resulta incómodo para o propio fotógrafo non hai que esquecer o mal de aqueles que o teñen que vivir na súa propia pel porque esa é a vida que lles tocou. 

Todo nunha Iugoslavia que se derruba, e onde Delmi pregúntase onde está escondida a solidariedade comunitaria nun mundo no que básicamente só importan os cartos.

Cartos da venda de armas, cartos de negocios sucios, cartos públicos. Esta é a única gran preocupación que quita o sono á metade do mundo mentres milleiros de persoas viven rodeadas de bombas e balas e onde nin sequera saben se “mañá volverán ver o sol”. Tras esta dura realidade seguen existindo xornalistas que tentan descubrila verdade e o seu destino pode que sexa morrer, máis como este xornalista galego mantén: “Se es xornalista e che gusta saber o que pasa noutros lugares do mundo, antes ou despois acabas indo a unha guerra ou meténdote nalgún lío”.

 
Julia Fontenla Pedreira


marzo 10, 2008 at 1:50 pm Deja un comentario


marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo