Archive for marzo 24, 2008

Galicia, Galicia, Manuel Rivas

“A liberdade é a máis preciosa posesión da imaxinación”. Esta significativa cita de Ambrose Bierce foi elexida por Manuel Rivas para abrir o seu libro. E dende logo, a lección quedoulle ben aprendida, pois é a constante que se repite ao longo da obra. Unha gran paradoxa entre o exercicio de liberdade de Rivas e a propaganda compulsiva do poder.

Galicia Galicia recolle un traballo xornalístico sobre o noso país. Publicado nos dez últimos anos en El País, La Voz de Galicia ou A Nosa Terra. Os diversos artigos distribúense en varias seccións: O conservador país onde non existen os conservadores, No mellor país do mundo, Terra Cha, Cha, Cha, A campaña do ogro, A campaña do botafumeiro, O gaiteiro solitario, Toca madeira, O pleonasmo de Don Manuel, Oración fúnebre pola orquestra do vento. 

Sen dúbida, o gran protagonista é Manuel Fraga, ca correspondente crítica ao seu goberno. Crítica que Rivas sabe facer musicando as letras con imaxinación e humor. Non só trata a unha persoaxe, senón tamén a unha etapa da historia de Galicia. Soamente, os galegos somos capaces de entender este xogo de ironía e retranca, mecanismos trasmisores de moita sabedoría dende os nosos antergos. Soamente os galegos somos capaces de emocionarnos e mesmo rir a gargalladas con estes relatos que nos tocaron vivir tan de pretro.

 

 Existe un gran contraste entre a posta en escea de temas. Por unha banda, achéganse notas políticas coma a viaxe de Fraga a Cuba ou as eleccións, sempre tratadas dende a crítica ao negativo. Quizáis, esta é a cara amarga para quen non comparta as súas ideas. Non obstante, por outra banda, Rivas tenta deixar un doce sabor de boca con outros trazos. Puntos que definen a nosa terra e a súa sociedade coas súas costumes.

   Nalgún momento, pode semellar unha arroutada chea de odio cara á persoaxe e o seu traballo. En contadas ocasións, o escritor de Vimianzo chegou a tildar o citado goberno de antigo réxime ou mesmo de ditadura. Non obstante, folla tras folla, calquera aprecia que simplemente se trata de xornalismo crítico.

 

Rocío Álvarez García

 

Anuncios

marzo 24, 2008 at 12:54 pm

Reportero de guerra

É matemático. Unha alta porcentaxe dos que desexan ser xornalistas parten do anhelo de ser  corresponsais de guerra, en boa parte debido a esa aura romántica que os arrodea. En contraposición á monotonía  e a ese ambente gris que son a sombra do xornalista medio, coas presas por completa-la nova antes do peche de edición, está a arte do reporteiro de guerra. Nesta arte atopa o xornalista unha saída á monotonía do oficio, aínda que sexa ensinando ao mundo a faciana máis sanguenta e violenta do ser humano, que, como dicía Hobbes, non deixa de ser un lobo para si mesmo.Alfonso Rojo, o autor deste libro, desentraña nel tódolos segredos, vicios e virtudes dos corresponsais. Amosa como teñen que lidiar con forzas allaes á súa para poder desenvolve-lo seu traballo. Se un xornalista medio ten que bater co seu redactor e con toda a estrutura do medio, ao corresponsal engádenselle inimigos novos como son os mandos militares e os propios conflitos en si. O lector non queda desenganado ao ler este libro. Sabe que se quere ser un reporteiro de guerra vai comer incluso máis merda ca un xornalista normal, pero aínda así segue sentindo máis atracción por escapar  e adentrarse no máis sórdido do ser humano, na violencia, nas matanzas, nas manipulacións,…por que será…? Manuel Rodríguez Santabaya                                                  (reseña Marzo)

marzo 24, 2008 at 11:21 am Deja un comentario


marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo