Diario de un skin.Un topo en el movimiento neonazi español

marzo 3, 2008 at 10:30 pm

chao1.jpgNo ano 2002 Antonio Salas propúxose realizar un traballo de investigación sen precedentes, infiltrarse nun grupo neonazi español o longo dun ano. Malia as obxección dos  seu compañeiros de profesión levou a cabo un proceso de mimese co mundo nazi, dende o vestiario, musica, argot, etc. Pódese dicir que no período que compartir cos movementos fascistas se converteu nun neonazi.           

Nunha investigación xornalística deste carácter son moitos os conflictos éticos que poden xurdir.  En palabras do propio autor, o seu traballo non ía orientado a cuestionar a lexitimidade destes grupos, senón describir e amosar toda a rede dos movementos neofascistas, que acada clubs deportivos e outras entidades.chao2.jpg Despois de resaltar os valores de unión e amizade destes grupos, mesmo despois de gabalos a ese respecto, ¿non xorde un conflicto moral ó pensar no engano ó que se lles someteu converténdose nun “camarada”? ¿é licito chegar a manter relacións sexuais aínda que sexa só un vez cunha skingirl por protexer a investigación? O risco de ser descuberto é moi alto o que conleva  medir moito os actos, mais ¿é xustificación suficiente para non intervir de ningún xeito para evitar unha agresión?         

    A sensación de poder, de dominio que produce formar parte dun grupo así crea unha forte crise chao3.jpgde personalidade e iso e un perigo engadido. O xornalista pode chegar a sentirse demasiado vinculado os suxeitos da investigación e iso influílo no desenvolvemento da súa profesión e condicionalo na súa vida futura. En definitiva, o profesional que decide realizar investigacións deste tipo debe fixarse de antemán uns limites éticos e de implicación para evitar conflictos posteriores. A importantísima labor informativa que realizan con estes traballos non se pode empregar para xustificar calquera acción.

 Alba Chao Vázquez(mes de decembro)

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

Diario de un Skin, Antonio Salas Una historia: dos relatos. Imre Kertész e Péter Esterházy


marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: