Archive for marzo 18, 2008

Retórica Bélica, Arundhati Roy

 

Retórica Bélica son un conxunto de ensaios e discursos publicados nos distintos medios de todo o mundo onde a escritora india introdúcenos por un lado na situación pola que está a atravesar o seu país e, por outro, na política guerrerista dos EE.UU.

 

A crítica realizada ós políticos indios queda patente ó longo de todo o libro, onde Arundhati Roi arremete  contra a actitude destes que considera que todas as actividades levadas a cabo polos mesmos, como é a exaltación do nacionalismo, teñen como fin enfrontalas tanto a musulmáns como a Paquistán, conducindo deste xeito o pobo indio cara o fascismo.

 

A escritora india fai unha crítica a EE.UU., ó pobo estadounidense polo emprego do termo antiamericanismo e tamén se posiciona en contra do goberno de Bush. Sinala nun dos capítulos (Y llegó Septiembre) que existen moitos feito acontecidos ó largo da historia e ó redor de todo o mundo que tamén se poderían consideran tan ou máis desastrosos co 11-S é os cales non se lles deu tanta importancia.

 

En Retórica Bélica, encontramos as palabras dunha escritora que nos descobre unha realidade descoñecida para moitos de nós a través dunha linguaxe clara e concisa. Unha realidade que nos aporta datos, os cales nos axudan a comprender mellor a situación dun país que é un dos grandes descoñecidos da nosa sociedade.

Eugenia Castro Barros

 

Anuncios

marzo 18, 2008 at 12:28 pm Deja un comentario


marzo 2008
L M X J V S D
« Feb   Abr »
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo