Relato de un naúfrago

marzo 11, 2008 at 9:36 pm

anadi.jpgGabriel García Márquez métese na pel do náufrago Luis Alejandro Velasco e conta o que realmente lle aconteceu a un barco da Mariña de Guerra Colombiana que remata por afundirse debido ao excesivo peso que lle supoñen os productos de contrabando que portaba. Relato de un naúfrago é unha reconstrucción periodística, mediante a reportaxe, da verdadeira historia dun heroe que só resultou ser a marioneta, e dalgún xeito, víctima dunha serie de argucias políticas.O máis sorprendente do relato é a capacidade de precisión que García Márquez amosa durante a descrición detallada dos dez días que Velasco estivo á deriva pero tamén das vivencias deste: recordos da infancia, a estadía nos EE.UU.,… Ademais nunca esquece que ese traballo ten como primeira meta ser publicado no xornal El Espectador de Bogotá, e polo tanto o autor prima o resumo en situacións como as relacións entre os tripulantes, os seus antecedentes, etc. De seguro que nas sesións que o xornalista e o náufrago mantiveron, a historia tivo que ser relatada dun xeito moi persoal, incluso quizais, enrevesado. É ahí onde entra o traballo de selección do xornalista, de valoración dos feitos, e se mestura coa tendencia cara ao literario, moi propio en García Márquez.O autor convértese en algo así como o transmisor, a persoa que artella e da sentido á historia de Velasco, para que a través dun medio de comunicación, chegase directamente ao público e a puidese vivir como se a sentise nas súas propias carnes. Quizais sexa esa mestura, equilibrada, de xornalismo-literatura o que capta a atención do lector dende o comezo.

Máis aló da propia lectura, tamén cómpre ter en conta o que este traballo significou na vida de Gabriel García Márquez, que consciente da carga que supuña a publicación da verdade, enfrontou as consecuencias, o que lle custou o exilio. É verdade que o náufrago non saíu beneficiado contando o real, pasou de ser un heroe a un descoñecido, pero igual ou peor parado, se viu García Márquez, condenado ao exilio. Esa valentía á hora de enfrontarse á realidade e destapar a trama política que isto agochaba é algo realmente sorprendente e digno de comentar.

 Ana Moledo Pouso

Entry filed under: Reseña.

Jon Sistiaga: «Ninguna guerra se parece a otra» El Niño de los Montes, Manuel de Ramón


marzo 2008
L M X J V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31  

Arquivo