O sol do verán, Carlos Casares

junio 9, 2008 at 11:35 pm Deja un comentario

O sol do verán é o derradeiro libro co que nos agasallou Carlos Casares. Este foi publicado postumamente nun acto en Vigo, meses despois de que o escritor de Xinzo de Limia falecese.

A novela é, ao longo das 260 páxinas da súa primeira edición, un relato cargado de nostalxia e amargura ao mesmo tempo que un canto tenro á nenez e á mocidade. A complicada historia de amor entre Helena e Carlos complicado pola condición de casada dela provoca toda unha historia de intriga e enredos que dura até a derradeira escena.

N’O sol do verán o contexto temporal e e espacial xogan un papel moi importante. As ricas e coidades descricións de cada un dos escenarios e de tódolos aspectos da situación chegan a ser nalgún momento o centro de atención do lector. A narración de Carlos Casares guía ao lector cunha linguaxe sinxela e familiar moi axeitada nun relato que nunca perde interese, con constantes momentos de máxima intensidade.

A novela convértese así nunha obra mestra dentro da narrativa galega, podendo ser moi axeitada tanto como lectura xuvenil como para lectores máis avanzados. O compoñente sentimental está explotado do mellor xeito posíbel sen caer no sentimentalismo barato e chegando ao lector dun xeito magnífico. Carlos Casares deixounos un anaco de si mesmo e da súa experiencia e boa práctica xornalística e narrativa nunha lectura de carácter universal e ineludíbel.

David Canto Veiga

Entry filed under: General.

Cruceiro de verán, de Truman Capote Los guardianes de la libertad. Noam Chomsky e Eduard S. Herman


junio 2008
L M X J V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo