Archive for junio 28, 2008

Las venas abiertas de América Latina. Eduardo Galeano

 

Publicada en 1971, esta quizais sexa unha das obras máis duras e densas de Galeano, e a que máis conciencias removeu. . Dun xeito claro, sinxelo e empregando como apoio innumerables citas, cifras e datos variados, o autor conta unha historia de escravitude, destrucción e explotación ata o infinito por cada recuncho de América Latina. Galeano relata o creba xa non só de seres humanos, senón tamén detrimento de terras que deron lugar a numerosos cataclismos ecolóxicos. Estragos todos eles que causaron unhas feridas moi fondas das que aínda hoxe se resinte o denominado no seu día “Novo mundo”.

Galeano revisa en “Las venas abiertas de América Latina” a historia de desprecio e degradación que sufriu América Latina dende hai máis de cincocentos anos, esta obra é moito máis ca un tratado de historia económica, é un ensaio xornalístico que contén crónica, reportaxe, etc. pero esencialmente é relato, narración sinxela e “suave” dunha sórdida e crúa realidade que segue vixente nos nosos días.

O lector vése sorprendido por crueis detalles e historias particulares de escravitude, fame… que estremecen, especialmente, polo descoñecemento xeralizado que habitualmente recae sobre América Latina. De aquí parte a esencia desta obra, de querer amosar, dun xeito xeral pero parándose tamén no máis significativo e puntual, a historia da outra América.

Ana María Moledo Pouso

 

Anuncios

junio 28, 2008 at 11:15 am Deja un comentario

Espejos. Una historia casi universal – Eduardo Galeano

 

Espejos é a última obra Eduardo Galeano e nela o autor revisa a historia de toda a humanidade ata a actualidade. Párase en distintas épocas para dar voz as persoas menos coñecidas, ás que se atopan na escuridade, aquelas que non aparecen na foto nin nos xornais. Espejos está formada por pequenos relatos, do cotiá, en todo o planeta. Así o explica o subtítulo Una historia casi universal, e ven a ser verdadeiramente iso, un conxunto de historias ligadas onde aparecen dende reis, a políticos, artesáns, viuvas, todo tipo de persoas e personaxes que aportan sentido a esta obra, na que Galeano quere contar con esa fina ironía que o caracteriza e con pequenos trazos de humor.

Galeano trata de construír os relatos atendendo ao que a historia amosa pero especialmente ao que a historia cala. Moitas veces os silencios din máis do acontecido que as propias palabras, e deste xeito, moitas dos relatos contan a verdade deixando espacio para o silencio e, en definitiva, tamén para a reflexión. Podemos atopar relatos de diversa índole, dende a fundación do machismo, á educación en tempos de Franco, pasando polas larvas da seda, ata chegar a personaxes como Goya, Marco Polo ou Cleopatra e cidades como Bagdad. Un percorrido en 340 páxinas por todo o planeta e o universo infinito durante máis de 2000 anos.

Contar a historia dende o punto de vista dos perdedores, dos caídos, dos apartados, dos exiliados, dos que non tiveron a oportunidade de contala. Mover conciencias, estremecer ás veces, pero buscar sobre todo un momento para a reflexión e o pensamento iso é o que pretende Galeano con este libro e dun xeito máis xeral con toda a súa obra literaria e xornalística.

junio 28, 2008 at 11:13 am Deja un comentario

MAUS Art Spiegelman

 

A obra de Spiegelman é un bo ejemplo para amosar a valía da banda deseñada cando se tratan temas tan relevantes e ásperos como o do holocausto nazi. O discurso xornalístico é fundamental nesta novela gráfica, na que Art Spiegelman conta a historia dos seus pais, xudeus polacos durante a II Guerra Mundial en Auschwitz.

En MAUS mestúranse os recursos estilísticos e narrativos tradicionais no cómic con metáforas e alusións que chaman a atención do lector como a caracterización dos personaxes reais como ratos, gatos e outros animais. O relato é secuencial pero nel entremézclanse flashbacks que ilustran os recordos do pai.

O máis característico ou sorprendente en MAUS é capacidade de síntese do autor, que conta a historia dende o punto de vista do seu pai, relatando o que él mesmo lle conta e aportando a opinión doutros suxeitos. A obra máis aló de describir a barbarie dos campos de exterminio nazis, fai un retrato concreto da personalidade e vida de quen os viviron, antes e despois do seu paso por estes lugares. Isto non acontece noutras publicacións que se centran no tema, Art Spiegelman ve a necesidade de ilustrar as consecuencias deses feitos determinados na vida dos seus proxenitores.

O realismo nas imaxes e o seu grande poder descriptivo compleméntanse extraordinariamente co texto ata o punto de que o lector atópase moitas veces mergullado completamente na historia sen se decatar.

A radicalidade narrativa da obra é o que a fai única, quizais por esta razón obtivo o primeiro premio Pulitzer outorgado a un cómic.

 

Ana María Moledo Pouso

junio 28, 2008 at 11:11 am Deja un comentario


junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo