Archive for junio 1, 2008

De bar en bar. Para abrazarte escribo. Xosé Carlos Caneiro

Baixo este ocorrente título agóchanse unha morea de artigos publicados polo multipremiado escritor de Ébora no xornal La Voz de Galicia. Xosé Carlos Caneiro, escritor peculiar ó tempo que polémico, amósanos a súa cara máis reivindicativa neste conxunto de escritos. A un pode gustarlle máis ou menos o estilo deste autor, a medio camiño entre a poesía e o relato curto, pero non cabe dúbida de que o verinense vai “a contracorrente da mediocridade en cada liña”.

Suso de Toro dixo del que practicaba unha literatura “horrísona”, e a crítica está bastante dividida en torno a Caneiro. Pode que sexa algo semellante ó que pasa coa Coca-Cola, que ou a queres tolamente ou a detestas. En calquera caso, X.C. Caneiro é un escritor traducido e galardoado, e está considerado unha figura innovadora no campo da nova narrativa galega, o cal pon de relevo a existencia dun talento manifesto, aínda que non guste a todo o mundo.

Confeso que non sinto especial devoción por este escritor. Atopo que a presenza reiterada do amor nos seus escritos, a repetición de palabras como corazón, lúa, boleros ou bares ata a saciedade, e a desconcertante e arbitraria mistura de galego e castelán en cada artigo provocan un certo hastío e sensación de empalago. Iso si, como dixen antes, o recoñecemento por parte da crítica e dos lectores (chámanlle “o dandi das nosas letras”), e mesmo a publicación desta recompilación de artigos seus, demostran que ó verinense non lle faltan seguidores.

Pode que Xosé Carlos Caneiro vira na fórmula da Coca-Cola (esa división extrema entre amantes e detractores) unha boa táctica para trunfar entre uns poucos sen deixar impasible a ninguén. 

 

Karina Rivero Conde

 

Anuncios

junio 1, 2008 at 11:24 am Deja un comentario


junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo