junio 21, 2008 at 9:44 am Deja un comentario

Mal de linguas, Xesús Tusón

Se facemos unha simbiose entre xuizos de valor e pobos, obteremos como resultado as teimas clasificatorias das que tan a miúdo ó longo da historia se ten feito uso. Por exemplo, dicir dos alemáns que son uns “cabezas cadradas” ou dos escoceses que son tacaños. Detrás destas aseveracións agóchanse as vellas pegadas da etnolatría, que seguen patentes malia o paso dos anos. Esta forma de autoenaltecemento pode ser o principio da incultura máis ruda: a etnofobia, aquela que se nutre de construcións hipotéticas e paranoicas que renegan da pluralidade máis nobre e natural conformada pola diversidade de pobos e as características que os definen como tales: a súa lingua e a súa cultura.

Tusón quere facer ver que as ideas que temos sobre as linguas son conceptos ao servizo dos gobernos, que nos queren fieis, uniformes e productivos. Falar de linguas fáciles ou difíciles, de moitos ou poucos falantes, finas ou brutas, cultas ou vulgares…todas elas son dicotomías populares que non emanan das linguas senón dos sentimentos humanos. A complexidade significa complicación, e este último é un termo prohibido no contexto dunha sociedade que tende a simplificalo absolutamente todo. O feito de que no mundo existan ó redor de 6000 linguas  diferentes proxecta unha incómoda cifra de 30 linguas por estado que non encaixa con esa mentalidade sintética.

Atopámonos ante un entretido (e non por isto menos rigoroso) ensaio de lingüística no que Xesús Tusón, profesor de lingüística na Universidade de Barcelona, fai unha profunda reflexión sobre o papel que está a xogar na morte das linguas a imperante (con)fusión do terreo lingüístico e o extralingüístico.

 

Karina Rivero Conde

 

Anuncios

Entry filed under: General.

El Periodismo canalla y otros artículos-Tom Wolfe A SANGRE FRÍA (Truman Capote)

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: