Moteros tranquilos, toros salvajes.La generación que cambió Hollywood

junio 19, 2008 at 11:05 pm

En Moteros tranquilos, toros salvajes. La generación que cambió Hollywood, mistúrase unha convulsa época histórica caracterizada polos hippys e os movementos contracultural florecentes e o reflexo que todo isto tivo na creación artística do momento,cargada de “liberdade” e espiritualidade dende a óptica dos novos cineastas, produtores e actores que cambiaron a concepción do cine arrastrado polos intereses mercantís eque deron paso a unha nova etapa creativa.
Peter Biskind recolle no libro historias e personaxes que marcaron unha nova época no cine, o Novo cine americano, que pretendía afastarse das multinacionais para dar máis liberdade creativa aos directores.
Pero sobre todo, o libro, centrase nos aspectos máis polémicos daqueles protagonistas, nas súas historias persoais e na súa evolución dentro desa maquina de facer cartos na que se convertera o cine. A través da psicótica figura de Dennis Hopper, dos arrebatos de megalomanía de Coppola, do adulterio enfermizo de Peter Bogdanovich….Biskind achéganos en certa medida a degradación persoal que  acompañaba ao éxito profesional. Presenta a persoa detrás da figura.
Todo isto recólleo o autor ao longo de máis de 600 apaixonantes páxinas. Pois se unha cousa caracteriza ao libro é o interese e a curiosidade que nos desperta. Biskind logra captar a atención do lector ao longo de toda a obra. En parte, gracias a uns personaxes que xa forman parte da nosa historia, pero tamén grazas ás alternancias de testemuñas dos protagonistas das historias e os diferentes puntos de vista que presenta para o mesmo tema, algo que lle aporta unha gran axilidade e interese á obra, máis que se se tratasen as historias cunha única visión dos feitos.
En definitiva, Moteros tranquilos, toros salvajes, recolle a historia detrás da Historia( con letras maiúsculas) que se deu durante uns anos tremendamente rupturistas e orixinais, pero tamén, e moi a miúdo, demasiado idealizados.

M.Cristina Pereiro Paz

Anuncios

Entry filed under: Crónica, Reseña.

Bye bye Hong Kong (Manuel Leguineche) El Periodismo canalla y otros artículos-Tom Wolfe


junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: