El Periodismo canalla y otros artículos-Tom Wolfe

junio 19, 2008 at 11:49 pm

Observación e análise. Estas parecen ser as señas de identidade que caracterizan a Tom Wolfe. En el periodismo canalla y otros artículos, estes conceptos que o home de branco segue a rajatabla son  ben evidentes.
Ao longo da obra, Wolfe centra a súa atención no constante cambio da sociedade norteamericana.
Dende o snobismo da nova clase obreira, á caída da integridade moral reflectida no artigo que trata as practicas sexuais nas escolas estadounidenses.
Toda esta realidade sintetízaa no artigo “En el país de los marxistas rococó”. Nel recolle as “fazañas” e conquistas estadounidenses  durante  O Primeiro Século Americano, que como Wolfe argúe deixa en simples minucias ás do Imperio Romano.
Pero Wolfe tamén ten un oco para os seus coetáneos e compañeiros de profesión, neste caso John Updike, Norman Mailer e John Irving, que tras a publicación de Todo un Hombre iniciaron unha campaña de desprestixio do libro. Wolfe, con “Las tres comparsas”, demóstranos que a súa mellor arma é a palabra escrita, nun verdadeiro exercicio de crítica destes tres autores, pero ao mesmo tempo mantendo esa elegancia que o caracteríza. E é esta elegancia, pero ao mesmo tempo mordacidade, e capacidade de análise o que nos atrae do pai do Novo Xornalismo.

M.Cristina Pereiro Paz

Anuncios

Entry filed under: Opinión, Reseña.

Moteros tranquilos, toros salvajes.La generación que cambió Hollywood


junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: