Unha invitación cara o abismo

junio 8, 2008 at 10:03 pm Deja un comentario

¿Ser coma o ave fénix? O ave fénix que decide morrer para volver a nacer no minuto adecuado da man da palabra tamén adecuada. E un abismo alaranxado pendurado da última brisa atravesada pola pluma do paxaro que está a piques de caer. O abismo que A. se tragou para esquecer, para fuxir borracha de helio ó outro rinconciño verdiazul, alá onde a literatura e o xornalismo comparten a mesma sombra.

Historias que van e veñen, que veñen para volver a marchar coa última onda ancorada no malecón da Habana. Ese espazo que espertaría a curiosidade infantil de Rosa Aneiros (des)debuxado pola memoria do seu padriño. E sería así como nacería esa paixón súa por contar verdades que son mentira e mentiras que son verdade.  

Conta. Viaxa. Conta retais deste mundo agridoce. Viaxa do conflito palestino á soidade compostelá, camiña dende a  súa memoria de pícara que desexa ser pensionista a desmemoria de Sara, unha muller que sofre de alzheimer. Onda que ven. Onda que vate, con forza e para quedarse no noso maxín.

Narrativa poética bañada en salitre que, coma ela mesma chega a dicir, consegue devolverche aquilo que xa sentiras e non sabías que existía. Ao pé do abismo, unha obra literaria nada dos arquivos acumulados nas carpetas de Windows e que acode a nós para “regalarnos o que xa era noso”.

 

Deborah Castro Mariño

Anuncios

Entry filed under: General.

ARSENAL DE BALAS PERDIDAS Manuel Vicent Cruceiro de verán, de Truman Capote

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: