Nunca máis Galiza á intemperie, Suso de Toro

junio 6, 2008 at 10:42 am Deja un comentario

 

 

 

 

    A catástrofe ecolóxica que asolagou o país no ano dous mil dous deulle  pé ó  escritor Suso de Toro para emprender unha crónica de seguimento e opinión dos feitos que copaban os medios de comunicación por aquela data. A maioría dos textos presentados en Nunca máis Galiza á intemperie  foron publicados no xornal La Vanguardia e no dominical El País Semanal. A obra recolle e enmarca a produción do autor a respecto do afundimento do petroleiro Prestige e tódalas consecuencias que se derivaron del, especialmente políticas e sociais. O conxunto dos textos constitúe a crónica do primeiro mes no que a  marea negra tinxiu de amargura as costas galegas.

    As interpretacións que ofrece Suso de Toro presentan unha incisiva crítica da actuación política ante o problema que se presentaba coa máxima prioridade, e que non foi atendido ata que xa era imposible detelo.  Na obra, o escritor inclúe a maiores un apéndice co “Manifesto da Burla Negra”, no que se sinalan unha serie situacións que deben ser saneadas con urxencia  e no que se esixen medidas inmediatas coma a anticipación das eleccións autonómicas.   

    Nunca máis Galiza á intemperie, serve agora, dende a distancia, para remomorar unha das situacións máis tráxicas da recente historia de Galicia dende a óptica persoal do autor.  “Prometeo encadeado” ou  “ A illa negra” son  títulos que acompañan a dúas das pezas de opinión que Suso de Toro inclúe nesta obra.       

 

María Docampo Mosquera

Anuncios

Entry filed under: General.

Nunca máis Galiza á intemperie, Suso de Toro ARSENAL DE BALAS PERDIDAS Manuel Vicent

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: