MALA VIDA. Historias de atracadores y asesinos. Carles Quílez

junio 2, 2008 at 9:05 am Deja un comentario

O xornalista e escritor Carles Quílez preséntanos nesta obra a traxectoria de varios atracadores e asasinos –entre eles Manuel Carrasco Montesinos e Germán Delgado, moi coñecidos no panorama español- coa colaboración dunha fonte de primeira man: Enrique Esteban García, ex atracador de bancos. Creo que esta eleción foi un gran acerto para o xornalista, posto que seguramente son moi pocas as persoas que nos poden explicar tan ben coma Esteban García como se vive desde dentro a posta en práctica dun atraco.

Ó lado dos asasinos e atracadores aparecen tamén policías de dubidosa profesionalidade. Todos estes personaxes e historias afectan persoalmente ó autor da obra. O contacto directo que o xornalista mantén con diferentes protagonistas dos seus relatos inicia unha relación persoal entre entrevistador e entrevistados, e iso pódese percibir en moitos momentos da súa narración. Quílez podería limitarse a explicar as historias dos atracadores e asasinos sen deixar ver como lle inflúe a relación persoal que mantén con eles, pero non quere esconder isto. E penso que foi tamén este un punto ó seu favor, xa que, lonxe de facer que a obra comece a afastarse do carácter propio dunha crónica negra, o que fai é enriquecela dándolle un punto de vista máis subxectivo pero que non perde en ningún momento a veracidade tan característica de obras deste tipo.

Despois de ler unha peza coma esta non podo menos que reflexionar sobre o futuro da crónica negra e sinalar que me parece unha mágoa que o tratamento televisivo que se lle ten dado –e que continúa dándoselle- a este xénero o esté a degradar como o está facendo.

Marta Rial Alvite

Anuncios

Entry filed under: Reseña. Tags: .

De bar en bar. Para abrazarte escribo. Xosé Carlos Caneiro El año que trafiqué con mujeres.-Antonio Salas.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: