LOS EJÉRCITOS DE LA NOCHE, Norman Mailer

junio 2, 2008 at 10:17 pm Deja un comentario

Los ejércitos de la noche é unha das mais célebres obras de Norman Mailer. O tema deste ensaio é a marcha sobre o Pentágono en outubro de 1967 contra a Guerra de Vietnam. O conflito comezara en 1958 entre Vietnam do Sur e do Norte. Estados Unidos apoiou aos sudvietnamitas no seu afán por deter ó comunismo, xa que Vietnam do Norte xa caera baixo a influencia Soviética. Nun principio os medios e a sociedade Estadounidense apoiaron a intervención, pero logo houbo un cambio de actitude e a gran maioría do país foi contra o sistema. Isto provocou unha ouleada de movementos pacifistas e a expansión da filosofía e do movemento hippie. O libro de Mailer publicouse en 1968 e foi acollido cun gran éxito, galardoado co premio da Universidade de Long Island, o premio Nacional do Libro e o Pulitzer.

Los ejércitos de la noche, ten como subtitulo “A historia como novela, a novela como historia”, facendo referencia así á dobre intencionalidade do libro Na primeira parte o autor convértese en protagonista, describindo desde un punto de vista autobiográfico como nace e se desenvolve esta marcha. Mailer, aínda que se caracteriza por inundar os seus relatos de detalles, moitas veces cae en repeticións que fan que a narración sexa lenta e algo aburrida. O escritor narra a súa experiencia na marcha sobre o pentágono, explicándolles os lectores, non só o papel que tivo senón tamén criticando tanto á sociedade Norteamericana como ós gobernantes e a prensa: “Los periodistas deformaban las acciones de uno, y eso ya es bastante doloroso, pero mutilaban y destrozaban y alteraban y quebraban las palabras y frases que uno pronunciaba. Hasta un buen autor parecía siempre, en letra impresa, un idiota sobrecargado”. Na segunda parte do libro, explícanse as causas e razóns que lograron mobilizar a persoas tan diferentes uníndose co obxectivo común de acabar coa guerra de Vietnam: “Un ejercito de ciudadanos de ambos sexos, todas las edades, los hippies, empresarios, soldados” O relato nesta segunda parte é aínda mais lento. Mailer xa non é protagonista senón un observador caendo nunha mera descrición dos feitos.

Aínda que o relato se fai lento e pesado, o libro axuda a entender desde dentro o pensamento dos participantes das marchas pacíficas e do feito histórico en si. Hai que ter en conta que o libro está contado non desde a óptica dun xornalista se non dun participante destas manifestacións. Todo isto contado sen esquecer as clásicas alusións de Mailer ó sexo e ó alcol ademais dos típicos recurso do autor como o uso do humor negro e a ironía.

López Oseira Verónica.

Reseña mes de xuño

Anuncios

Entry filed under: General.

DESPACHOS DE GUERRA, Michael Herr Retratos, Truman Capote

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: