DESPACHOS DE GUERRA, Michael Herr

junio 2, 2008 at 9:51 pm Deja un comentario

La chaqueta metálica, guión de Michael Herr

Considerado un dos mellores traballos de xornalismo, Despachos de Guerra, mostra unha realidade que vai mais alá de contar a labor dun corresponsal nun conflicto bélico. Os despachos de Herr son as crónicas dunha guerra real, dunha guerra cruenta e longa como o foi a guerra de Vietnam (1958-1975). Michael Herr, enviado especial da revista Esquire, conseguíu mostrar a realidade dunha guerra na que moitos dos marines estadounidenses non crían e na que se xogaban a vida mentres os políticos manexaban os seus pasos dende o seus cómodos sillóns.

O libro é un perfecto manual do que sucede ao redor dunha guerra, das distintas clases de xornalistas que acoden a cubrila, e das dúbidas que surxen, sopesando sempre o risco ao que se expón por realizar unha reportaxe ou enviar unha noticia á redacción.

Cando lees este libro daste conta do que ten que facer un xornalista de guerra ou mesmo na rúa ante situacións de certa perigosidade, por ofrecer a información que pide a sociedade ou o xefe de redacción.

Informar da guerra, con todo, require unha certa valentía e seguridade nun mesmo, non só para evitar perder a vida, senón para non converterse nun mero portavoz a favor do bando do medio que te envía. A liberdade que Herr tiña para moverse pola fronte non é posible hoxe en día en guerras nas que está todo planificado, os militares e políticos decíden que noticia será publicada polos medios desprazados ao lugar. Isto ocorre así dende a guerra de Vietnam, na que os xornalistas enviados por Estados Unidos informaron e destaparon mais do que o goberno deste país quería. Coa liberdade de movemento que había nesta época os xornalistas que así o decidiron, como Herr, informaron abertamente do que estaba sucedendo realmente, batallas, mortes, asasinatos e masacres que desacreditarían a optimista propaganda que se difundía desde Washington.

Desde está guerra a situación mudou moito xa que o goberno estadounidense levou a cabo o coñecido peche de fronteiras, dominando a información e ós informantes nos campos de batalla.

É seguro que haberá máis guerras e con toda seguridade haberá máis xornalistas que morran nelas situándose nesa liña tan complexa que marca o teu desexo e obrigación de informar co perigo e as trabas que se atopan en cada recuncho. Pero desgraciadamente, haberá moitos máis xornalistas que collan algún arma para tomar partido, aínda que esta arma teña a inocente aparencia dunhas cantas palabras impresas.

López Oseira Verónica


Anuncios

Entry filed under: General.

El año que trafiqué con mujeres.-Antonio Salas. LOS EJÉRCITOS DE LA NOCHE, Norman Mailer

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


junio 2008
L M X J V S D
« May   Jul »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: