Nosotras en el país de las comunicaciones, coordinado por Silvia Chocarro Marcesse da ONG ACSUR-Las Segovias

mayo 31, 2008 at 10:14 pm Deja un comentario

Neste libro, son as protagonistas e creadoras de novos medios de comunicación alternativos as que falan das súas experiencias e as que transmiten as súas reflexións sobre dous conceptos como son comunicación e xénero no mundo actual. Esta é unha obra crítica cos medios de comunicación de masas, un dos factores que contribúe á perpetuación das desigualdades de xénero.

Os principais problemas que propoñen non se limitan á propiedade nin á participación nos medios, senon que tamén falan dun cambio do deseño e das orientacións, manifestan os seus desexos e esperanzas de desenvolvemento e construción doutro modelo. O seu obxectivo é chegar a crear un modelo no que non se ille a realidade social das mulleres de todo o mundo, no que non se teñan só en conta como datos, senón tamén coma suxeitos políticos. Ese é o motivo do desenvolvemento doutras experiencias comunicadoras e outros medios por todo o mundo.

19 autoras de latinoamericanas, españolas e árabes reflexionan sobre as dificultades de acceso das mulleres aos medios nun mundo no que a comunicación está marcada pola desigualdade de xénero. Unha delas, Llum Quiñonero di que as mulleres siguen precisando poder sobre elas mesmas, e a práctica informativa e comunicativa pode ser un dos camiños para conseguir un cambio cara a un mundo máis crítico e solidario.

Manuel González Leis (mes de xaneiro)

Anuncios

Entry filed under: General.

Homenaje a un clásico Francisco Umbral escribe a su mujer

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: