Áfricas, Bru Rovira

mayo 27, 2008 at 1:21 pm Deja un comentario

Kapucinski é decote un referente do xornalismo contemporáneo en canto que sempre fica identificado como un reporteiro que procurou a obxectividade nos seus escritos e nas súas reportaxes. Dise de Bru Rovira que é “o noso Kapucinski”. El mesmo se define como “xornalista de estradas secundarias”, e precisamente esa é a principal aportación deste seu libro ao mundo da comunicación e o xornalismo moderno.

En Áfricas, móstrase unha visión da realidade na que os protagonistas son os seres esquecidos das historias que a cotío saen nos medios de comunicación.

O autor aboga pola reportaxe plasmada nun libro, xa que no panorama actual do eido da comunicación este xénero a penas ten cabida. Foi sendo substituído polas novas que protagonizan persoas anónimas e que invaden xornais e televisión. A información na actualidade fica despersonalizada, cóntanse sucesos concretos, pero non se fala das circunstancias nin dos seus personaxes. Raramente coñecemos o contexto no que se producen moitos dos actos que son anunciados nos medios. Iso é o co que racha Bru Rovira nesta obra. Nela quedan recollidas as experiencias que el vive con xente concreta, non anónima.

O autor actúa como un mediador entre o que ocorre nos países en guerra contando con testemuñas reais e o lector (probablemente do mundo desenvolvido). Limita a súa función de xornalista a achegar acontecementos que non son recollidos polos medios de comunicación de masas a unha poboación que vive allea aos mesmos. Mostra unha realidade da que a maior parte dos xornalistas fuxen, e, contra diversas versións oficiais, establece aquilo que lle contaron os actores que el personaliza, identifica, describe e nomea.

Contradí en diversas ocasións o que os organismos oficiais afirman ou poden enviar ás axencias de información internacionais, relata o risco que os voluntarios, os misioneiros e os propios xornalistas corren ao acudir a estes lugares. Describe a morte dalgúns colegas e delata aos asasinos, das que anteriormente quixeron culpar aos conflitos étnicos.

Alonso Rodríguez Noemí, Grupo A (reseña abril)

Anuncios

Entry filed under: General.

Galicia, Galicia Manuel Rivas Rosa Montero, Entrevistas

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: