Ninguna guerra se parece a otra, Jon Sistiaga

mayo 24, 2008 at 11:17 pm Deja un comentario

“El gran teatro informativo de la guerra tenía muchos actos y muchos actores”

Jon Sistiaga relata neste libro o desenvolvemento da guerra de Irak, o  bombardeo e a caída da cidade de Bagdad xunto co triste desenlace da vida do cámara que o acompañaba, o inesquecible José Couso. O autor fálanos dos medios como fichas de xadrez, que os gobernos moven estratexicamente. Cóntanos como hai xornalistas que se plegan docemente á manipulación, mentres outros arriscan a súa vida para evitar a desinformacion. Descríbenos un lugar no que non existe a liberdade de prensa. Unha guerra na que a batalla pola opinión pública internacional é un dos grandes campos de loita. Por desgracia, os xornalistas son o cañón de disparo, e polo tanto un obxectivo primordial na maquiavélica estratexia militar.

Ninguna guerra se parece a otra é un deses libros que empuxa a seguir lendo á volta de cada páxina ó tempo que un morde compulsivamente as unllas. A diferenza básica con calquera outra novela é que os persoaxes, a acción e os lugares que se describen son reais. Couso, Bagdad e o tanque norteamericano que disparou contra o hotel Palestina un fatal 8 de abril de 2003.

“ José Couso, un simpático gallego que practica la filosofía del percebe, ese molusco pequeño, arrugado, que se aferra a su roca pese a la violencia de las mareas…” (sic)

A rocha de Couso era a súa cámara, e as mareas, os disparos. Cando escribiu estas liñas, Jon Sistiaga non imaxinaba que finalmente a violencia das mareas conseguirían separar o pequeno percebe da súa rocha.  

Karina Rivero Conde

 

 

Anuncios

Entry filed under: Reseña. Tags: .

LA LOCA DE LA CASA. Rosa Montero Un milagro en equlibrio Lucía Etxebarría

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: