Fútbol, una religión en busca de un Dios. Manuel Vázquez Montalbán.

mayo 23, 2008 at 6:30 pm Deja un comentario

Elevar o fútbol a unha condición superior. Isto é o que pretende Vázquez Montalbán nesta reflexión filosófica sobre o deporte rei, na que nos expón unha condición metafísica do fútbol, como elemento que inflúe en moitos ámbitos da sociedade. Unha crónica do estado deste deporte ademais de incluír moitos dos seus artigos publicados sobre o deporte que ” me ocupou a maior parte da miña vida”.

O xornalista e escritor presenta este deporte como unha paixón desmesurada. Que é para moitos unha maneira de evadirse do mundo real, poder deste modo buscar un equipo ó que entregar todo o seu interese ou mesmo a un Deus terreal no que depositar toda a súa fé.

Ademais, Montalbán amósanos unha concepción de fútbol totalmente afastada do deporte. Presenta o deporte do balón como un universo completo, e que deixou de ser un simple deporte para converterse nun fenómeno industrial onde conflúen moitos intereses diferentes. Clubs, xogadores e incluso presidentes ó servizo dos medios de comunicación. O escritor afirma que os medios de masas foron os encargados de condicionar que xogadores tiñan que destacar e os equipos que máis xogo daban. Os xogadores deixaban de ser futbolistas para chegar a convertirse en puros obxectos comerciais que están máis a disposición das grandes marcas mundiais que do seu equipo.

O fútbol, unha relixión máis que coma todas precisa dun Deus ó que os seus seguidores buscan seguir, pero que nos últimos tempos parece que comezou a andar un pouco a deriva.

(Reseña de Abril)                                                                                 Jorge Lema Pombo

Anuncios

Entry filed under: Opinión.

Covardes Territorio Comanche

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: