Territorio comanche, Arturo Pérez Reverte

mayo 22, 2008 at 10:25 am

Nesta novela de non ficción, Pérez Reverte achéganos ao mundo dos correspondentes de guerra. Sen darse a coñecer explicitamente, ao lector suxírelle que está contando as súas propias experiencias en todas as guerras que viviu en vinte e un anos como correspondente. O tempo e o espazo da narración son invariables, sen embargo, Reverte fai avanzar a historia a través do personaxe principal que fala en primeira persoa recordando guerras pasadas e compañeiros xornalistas cos que compartiu estas experiencias. O personaxe está acompañado dun cámara que quere ter a imaxe da súa vida: o derrubamento dunha ponte a pesar do perigo que iso pode supoñer para a vida dos dous xornalistas e máis dunha guía e tradutora que os acompaña. Este é o telón de fondo mediante o que se xustifica que a obra sexa unha novela. Porén, o verdadeiramente importante está narrado a través dos recordos do personaxe principal, no que nos conta esa falsa imaxe dos señoritos que van a guerra e volven os dous días coñecedores da situación e que non se achegaron a menos de cen quilómetros dunha bomba. Reverte desmitifica ese labor e engrandece o labor de moitos compañeiros (algúns deles mortos durante conflitos) que si se achegan ao territorio comanche, esa fronteira onde os xornalistas non son respectados por ningún bando e poden ser asasinados como calquera civil ou membro do exércitos das nacións enfrontadas.

Celia Liliana Alfaya Araújo

Reseña de marzo

Anuncios

Entry filed under: General.

El año que trafiqué con mujeres, Antonio Salas Á marxe, Carlos Casares


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: