Patente de corso, Arturo Pérez Reverte

mayo 22, 2008 at 10:22 am

Arturo Pérez Reverte non é só unha das voces literarias máis coñecidas do noso país senón que tamén desempeña un importante labor como xornalista (algo máis apartado da súa faceta como correspondente de guerra). Neste libro recóllense todos os seus artigos publicados entre os anos 1993-1998. Como se recolle no prólogo do libro, el mesmo define estes artigos como «ajustes de cuentas semanales» e califícaos como «viscerales e imprevisibles» produto de «la mala leche» e neles «disparo contra todo lo que se mueve sin detenerme ni ante lo sagrado». E é verdade. Poucas cousas hai que se libren da pluma de Reverte. Nos seus artigos recolle non só esas anécdotas que lle suceden e que lle serven para facer a súa especial valoración da situación de España e do mundo, senón tamén están recollidos asuntos do seu labor como correspondente de guerra, unha faceta a que recorre constantemente para facer comparanzas das situacións ou para rememorar personaxes dos que se lembra. Destaca quizais que o seu estilo é sempre directo. O que conta dio do xeito máis sinxelo posible pero sen esquecer esa pretensión de ser ferinte, de facer entender que non está de acordo coa realidade que o rodea. Deste xeito, ao longo de todos os artigos podemos ver diferentes estados de ánimo, reflectidos dalgún xeito pola maneira de contar ou simplemente polo que conta. Podemos atoparnos dende a tristeza e a dor ata a raiba e o enfado.

Centrándonos un pouco máis na forma de redactar, é sabido xa que o estilo de Reverte é moi persoal, pero algo que chama a atención son os titulares e as frases finais dos artigos. Convértense en dous aspectos fundamentais para entender ao autor. Os titulares poden remitirnos a ideas totalmente diferentes do contido, pero fan que nos centremos moito máis no que se nos vai contar a continuación. As frases finais dalgún xeito se converten nunha moralexa, nunha ensinanza que o autor nos quere facer chegar.

Celia Liliana Alfaya Araújo

Reseña de decembro

Anuncios

Entry filed under: Opinión.

Los tres pies del gato, Pablo Ordaz El año que trafiqué con mujeres, Antonio Salas


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: