Los tres pies del gato, Pablo Ordaz

mayo 22, 2008 at 10:18 am

O xornalista Pablo Ordaz leva a cabo nesta crónica unha recollida dos xuízos dun dos casos de atentados terroristas que máis conmocionaron á opinión pública deste país. Como así o require este xénero, a presenza do tempo é unha constante ao longo de todo o libro, pero quizais unha das características que máis chaman a atención é que Ordaz é capaz de mostrar día a día os xuízos dende perspectivas diferentes. Por unha banda temos a perspectiva das vítimas, por outra a dos terroristas que son interrogados, por outra a dos policías, avogados defensores e fiscais e xuíces e por último a sua propia voz. Todo este conxunto de focos informativos achegan unha información mais xeralizada e completa que dan unha visión mais ampla dos temas tratados.

O libro está dividido en pequenos capítulos (un por cada día dun xuízo) que comezan sempre cunha frase máis ou menos literaria na que Ordaz resume dalgún xeito a súa implicación como xornalista dentro dos acontecementos. Recorre en numerosas ocasións a ironía e a repetición para facer especial fincapé naqueles aspectos sobre os que quere chamar a atención, sobre todo incidindo na actuación dos avogados defensores dos terroristas que pretenden achacarlle por todos os medios o atentado a ETA aínda cando existen probas incriminatorias que acusan os seus defendidos. Sen embargo, tamén é capaz de facer ver ao lector as profundas lagoas que hai en canto ao tema e, sen chegar a dicilo explicitamente, os posibles casos de erros por parte dos organismos policiais, que tiñan conversas gravadas e lles seguían a pista a algúns dos implicados nos atentados do 11-M sen que se levase a cabo unha investigación máis profunda que podería ter evitado os atentados.

Pode que sexa arriscado facer unha crónica dun tema tan delicado como foron os xuízos do 11-M porque por unha banda os datos que se chegan a manexar son moi abundantes e é preciso ter unha visión o suficientemente obxectiva para non dar unha visión particular que enturbie o contido real dos acontecementos. Ordaz salva estas distancias e fai un traballo non moi extenso que nos deixa co bo sabor de boca de coñecer cousas que non sairon á luz nos medios habituais.

Celia Liliana Alfaya Araújo

Reseña de novembro

Anuncios

Entry filed under: Crónica.

Sufre mamón. La banda sonora de nuestra juventud Patente de corso, Arturo Pérez Reverte


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: