“Los cínicos no sirven para este oficio”

mayo 22, 2008 at 8:06 pm Deja un comentario

Los cínicos no sirven para este oficio, afirma Kapuscinski todo convencido. Nunca asistín a unha conferencia súa, polo que nunca palpei directamente a súa voz nin me empapei cos seus xestos. Porén, lendo os seus libros, deixando que as olladas vaguen libremente polas súas palabras, que recorran sen esforzo as súas frases curtas e cheas de contundencia podo adiviñar a súa personalidade, o ton da súa voz, a cor das súas miradas e os seus xogos coas mans.

Los cínicos no sirven para este oficio é unha especie de manual para os xornalistas onde se recollen os principais retos do reporteiro: simpatizar cos problemas sociais e darlle sempre a voz aos máis débiles. Aínda que iso supoña ir en contra dos intereses do poder. Son as mesmas recomendacións que aparecen escritas en todo manual de comunicación coa impersonalidade das letras de imprenta. Pero neste caso, a diferenza é que as pronuncia alguén que sabe o que é loitar por defender o seu dereito a informar libremente sobre temas que foron podrecendo nas mans manipuladoras dos poderes. E esa diferenza é o que explica que todos os que lemos a Kapuscinski intentemos fuxir do pesimismo do futuro dos medios de comunicación, onde a información non responde á verdade senón ao espectáculo e á busca só de beneficios económicos. Con razón, divide aos periodistas en dúas categorías: os servos da gleba e os directores. Os últimos non son periodistas, son executivos. E os primeiros son servos da gran máquina de facer cartos que hoxe son os medios de comunicación.

Dende a posición da inxenuidade, somos moitos os que pensamos que lograremos abrirnos outro futuro sen pasar a formar parte desa engrenaxe de liberdades disfrazadas de manipulacións. Porén, o optimismo vese eclipsado polas nubes negras que son as grandes empresas de comunicación que todo o controlan buscando satisfacer os propios intereses. Esquecéronse da única idea válida, do único mandamento que todo periodista debe levar escrito na palma da man. O periodismo está para servir ós demais, non a un mesmo.

 

 

 

Anuncios

Entry filed under: General.

Notas de prensa 1980-1984 Covardes

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: