El año que trafiqué con mujeres, Antonio Salas

mayo 22, 2008 at 10:24 am

Esta nova reportaxe do xornalista de nome ficticio Antonio Salas ten como núcleo principal investigar o submundo do tráfico de mulleres. Durante un ano percorreu baixo esta identidade ficticia todos os estratos da prostitución en España: dende as rameras da rúa ata as presentadoras, actrices e modelos famosas que exercen esta “profesión en segredo”. Porén, a súa investigación pretende demostrar como obxectivo último que o tráfico de escravos segue sendo unha realidade nos nosos tempos facéndose pasar por un traficante que lle quere mercar a outro unha rapaza e o seu fillo.

A narración non está libre de crudeza e de momentos de desasosego. O mesmo autor recoñece nalgunhas páxinas como o seu ánimo se vai lastrando pouco a pouco ao ir coñecendo a situación de tantas mulleres que son enganadas para abandonar os seus países de orixe coa promesa dun futuro mellor e que se endebedan cos seus proxenetas, aos que lles teñen que pagar ese favor de convertelas en prostitutas. Un dos momentos que máis chaman a atención do lector é cando o xornalista explica o método que usan para reter as mulleres. Simplemente coa maxia, ameazándoas con facerlles budú a elas e as súas familias.

Sen dúbida tamén chama a atención a cantidade de nomes que aparecen de persoas que ostentan cargos de poder que están incluídos dentro deste mundo e que agochan este negocio tan lucrativo baixo falsos espellos de empresas e inmobiliarias. Con todo, o libro convértese nun pequeno percorrido por este mundo do que se fala tantas veces pero que ocupa todas as capas da sociedade e que afectan ao conxunto do social, xa que é algo do que todos temos coñecemento, pero que non remove as nosas consciencias porque todos o vemos como algo normal. Antonio Salas líbranos desa concepción con esta obra porque nos traslada nin máis nin menos as prostitutas en si mesmas, as que normalmente se minusvaloriza coma se non fosen persoas.

Celia Liliana Alfaya Araújo

Reseña de xaneiro

Anuncios

Entry filed under: Reportaxe.

Patente de corso, Arturo Pérez Reverte Territorio comanche, Arturo Pérez Reverte


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: