Dez dias que abalaram o mundo, de John Reed

mayo 22, 2008 at 3:06 pm Deja un comentario

Un vagón de tranvía, unha taberna de barrio pobre, unha barricada na rúa. Sen cámaras de televisión, sen grandes equipos, en primeira persoa.

Eses foron os escenarios e así foron descritos. John Reed achéganos a crónica de primeira man deses dez días que conmoveron ao mundo e que desde un recanto pantanoso do Báltico marcaron toda a historia do s.XX. A Revolución Rusa.

O xornalista norteamericano sitúanos en San Petersburgo, convertida xa en Petrogrado, pero sen chegara aínda a Leningrado. As tensións na rúa, nos soviets, na Duma, no goberno provisorio e mesmo dentro do propio Partido Bolxevique tecen o mosaico da cidade en ebulición, da Rusia que esperta, do pobo que reclama o seu.

Personaxes fundamentais atravesan a narración: A superioridade teórica e práctica de Lenin, as dotes organizativas do sanguinario Trotski ou esa sombra que, desde un segundo plano, vai adquirindo cada vez máis importancia: o compañeiro “Aceiro”, o camarada Stalin. Pero tamén os heroes anónimos: os obreiros, os campesiño ou os gardas vermellos.

Reed acompaña a súa crónica de fotografía das rúas e manifestacións e documentos sen os que non se pode entender a Revolución e os primeiros momentos do goberno soviético. Porén a obra ficou incompleta pola morte do autor, que desexaba continuar a historia posterior á toma do poder (De Kornilov a Brest-Litovsk), pero nunca chegou a completala.

Dez dias que abalaram o mundo chega a nós da man das Edições Avante e do esforzo por non perder a memoria do Partido Comunista Português.

Santiago Agra Bermejo

Anuncios

Entry filed under: Reseña.

Á marxe, Carlos Casares Los guardianes de la libertad, de Noam Chomsky e Edward S. Herman

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: