Á marxe, Carlos Casares

mayo 22, 2008 at 10:29 am

Con esta escolma de artigos recollidos entre o 2 de xaneiro e o 10 de marzo do 2002 do escritor e xornalista Carlos Casares adentrámonos non só nas vivencias e nas preocupacións do autor senón que nos sumerximos na súa propia historia. Cun estilo particularmente cercano ao lector, o xornalista logra que este se sinta cómplice das historias que narra. Semella que se establece unha conversa entre dous veciños e que un deles ten algo interesante que contar. Ese personaxe é o que asume Casares, que máis que nunca é consciente da diversidade de públicos para os que escribe.

Os seus temas van dende a cotidianeidade do seu día a día ata as preocupacións literarias e políticas da época na que redacta os artigos para La Voz de Galicia. Porén, todos os temas están pautados pola súa visión particular, mesmo hai días que continúa cun tema do día anterior. Isto leva ao lector a recoñecer a voz propia do escritor e a recoñecer non só o estilo senón a propia vida. Casares conta cousas da vida como alguén ao que lle pasan cousas como a calquera por iso o lector se sente atraído pola súas historias, porque facilmente poderían ser historias que lle pasan a el, cambiando unicamente os espazos e os protagonistas. O lector atopa nestas liñas unha maneira de entender o mundo como se el mesmo fose o produtor do discurso narrativo, como se as verbas de Casares fosen as súas propias verbas.

Celia Liliana Alfaya Araújo

Reseña de abril

Anuncios

Entry filed under: Opinión.

Territorio comanche, Arturo Pérez Reverte Dez dias que abalaram o mundo, de John Reed


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: