“Si home si” Xosé Manuel Pereiro

mayo 18, 2008 at 12:47 pm

Estaba na biblioteca na procura dun libro para ler e unha simple frase atraeu o meu interese: “A xente importante, os xefes de Estado ou as figuras transcendentes do escenario internacional non terían chegado a onde están de ter cometido a estupidez de dicirlles a verdade ós periodistas”.Non é atraínte?, eu coido que si. Pos baseándose nesta cita do xornalista norteamericano P.J. O´Rourke, “o galego de pro”, Xosé Manuel Pereiro, foi escribindo o longo dun ano as súas columnas en La Opinión de A Coruña. E todos estes artigos foron recollidos neste libro: Si home si. Unha análise dos máis diversos aspectos da sociedade, dende política, economía, pasando por cultura ou costumes. Unha cultura galega que este monfortino reflexa con gran éxito, cun estilo claro e sinxelo, que chega a toda e a máis variada poboación. Pero en todo momento cun espírito de análise e critica. Alí onde vai, ben sexa a un parque de atraccións co seu fillo, a unha festa do cocido, a un bautizo… saca o periodista que leva na súa alma e analiza, describe, dá a súa opinión, pero sen deixar de lado esa tenrura e familiaridade,“miña reina(así se dirixe a súa dona), da que están impregnados moitos dos seus textos.

Sonia Fernández Cillero

Anuncios

Entry filed under: Opinión, Reseña.

Áfricas. Cosas que pasan no tan lejos. Bru Rovira Susan Sontag “Ante a dor dos demais”


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: