Carta ao señor Futuro

mayo 10, 2008 at 3:05 pm Deja un comentario

“O mundo é o mercado. O mercado mundial, onde se compran países. Nada novo. América Latina naceu para obedecelo, cando o mercado mundial aínda non se chamaba así, e con todo, seguimos atados ao deber da obediencia. Esta triste rutina dos séculos comezou co ouro e a prata, seguiu co azucre, o tabaco, o guano, o salitre, o cobre, o estaño, o caucho, o cacao, a banana, o café, o petróleo? Que nos deixaron eses esplendores? Deixáronnos sen herdanza nin querenza. Xardíns convertidos en desertos, campos abandonados, montañas esburacadas, augas podres, longas caravanas de infelices condenados a unha morte temperá, palacios baleiros onde deambulan os fantasmas? Agora é a quenda da soia transxénica e da celulosa.”

Este fragmento de Carta ao señor Futuro, é un reflexo da visión de Eduardo Galeano do noso pasado, presente e futuro. Esta obra é a primeira tradución ó galego do xornalista uruguaio. O libro recompila unha serie de artigos escritos por Galeano dende o ano 2000. Os artigos tratan de temas actuais como á guerra de Iraq ou dos problemas que afectan a moitos dos países latinoamericanos. Incluso ten algunhas palabras para George Bush, ó que él denomina “o presidente do planeta”. Nestes artigos podemos ver unha realidade distinta a que nos ofrecen políticos, empresarios e medios de comunicación. En todos eles atopamos esa loita verbal que o escritor leva a cabo nos seus libros contra a globalización, os mercados e os gobernos que pensan e fan que todo no mundo teña un prezo, que todo se poda comprar e vender.

O día 12 Eduardo Galeano presentará no Auditorio de Galicia en Santiago as oito da tarde o seu último libro Espejos. Una historia casi universal, un libro no que se mestúran relatos que nos levan dende as Cavernas, ao Nilo pasando pola Fundación del machismo, polas Mans callosas, por La educación en tiempos de Franco, entre outros moitos temas. É un inventario xeral do mundo según a mirada de Eduardo Galeano. Para todos aqueles que teñan as mesmas inquedanzas que o autor sobre o que está ocorrendo no planeta, acónsellolles que o escoiten o vindeiro luns e que porsuposto lean Carta ao señor Futuro.

Verónica López Oseira.

Anuncios

Entry filed under: General.

Á Marxe, 1997 Los tíos de Sicilia, Leonardo Sciascia

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: