Á Marxe, 1997

mayo 10, 2008 at 10:39 am

Nesta obra de Carlos Casares recóllense os artigos que o escritor publicou ao longo do ano 1997 no xornal La Voz de Galicia, onde tiña unha columna diaria. Pero esta columna estaba moi lonxe de ser un artigo de autor máis dos que abundan en toda a prensa de hoxe en día. E quizais esa fóra a causa do seu gran éxito entre os lectores.

Os temas dos que fala Casares nas súas obras non son os típicos que se soen tratar nestes artigos senón que son moito máis peculiares. Inicia o ano contando as aventuras dos seus animais na noite de fin de ano e acábao relatando as curiosas ocorrencias dun cabalo. Ámbolos dous relatos ocorren na vila de Xinzo de Limia de onde é natural o autor e que é testemuña de moitos dos feitos que se tratan nestes artigos. Profesores da súa infancia, curas, viaxes, anécdotas que lle ocorren a diario ou na súa nenez e adolescencia… todo é perfectamente válido nos seus artigos.

Ademais hai que engadir o uso do vocabulario e da gramática que fai. Calquera persoa de calquera idade pode ler estas pequenas obras e entendelas á perfección. Coma se dun diario se tratase, as palabras empregadas son as típicas da fala oral e non se busca un vocabulario de alta dificultade.

En definitiva, esta obra resulta moi entretida e agradable de ler, sen presas, cun pequeno momento de reflexión ao final de cada artigo. Pequenos detalles da vida diaria que se converten en momentos divertidos e sobre todo, entretidos para tódolos lectores. Unha boa forma de desconectar momentaneamente do mundo.

 

                                                                                                          

                                                                                  Andrea Carcacía Hermilla

 

                                                                                 

Anuncios

Entry filed under: General, Reseña.

MANUEL RIVAS, EL LÁPIZ DEL CARPINTERO Carta ao señor Futuro


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: