Articulista sen Patente de corso

mayo 3, 2008 at 7:20 pm

A Patente de corso era un documento que os monarcas entregaban ós alcaldes mediante o cal o seu propietario tiña o permiso para atacar barcos e poboacións inimigas. Arturo Pérez-Reverte non ataca barcos nin poboacións pero cada semana, coa súas verbas, deixa algunha que outra baixa.

En Patente de corso faise unha escolma dos seus artigos (dende 1993 ata 1998) publicados no suplemento dominical El Semanal. O seu estilo lembra ás súas novelas e case é invariable co paso dos anos. Moitos dos seus artigos son atemporais, recollidos de historias diarias e normais que é capaz  de converter en relatos inéditos. Emprega a 1º persoa, implicándose directamente no que conta, e introduce, en numerosas ocasións, o seus propios pensamentos empregando case un aparte teatral cara o espectador. Nas súas opinións vese reflectido un caracter forte e directo, sen reviravoltas, o que en ocasións chega a ser violento, empregando a súa opinión como unha máxima sen posibilidade de réplica.

Nos seus artigos os titulares cumpren unha función de cebo, captando a atención do lector ata o desenlace da historia. Unha historia que, na maioría das ocasións, comeza directamente, é dicir, sen previa introdución do tema. Os articulistas non precisan dunha “Patente de corso” para opinar aínda que se fora necesario, Pérez-Reverte non esperaría a ter unha nas súas mans.

 

Ricardo Saavedra Seoane

(Reseña pertencente ó mes de Abril)

 

Déixovos aquí unha entrevista de Gabilondo a Arturo Pérez-Reverte onde, ademais de falar sobre o seu libro El Pintor de Batallas, expresa a súa opinión sobre a sociedade actual.

 

 

Anuncios

Entry filed under: Opinión.

Áfricas, cosas que pasan no tan lejos. Carrera contra el olvido y la impunidad


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: