De espectros, pantasmas e celas de amor

mayo 1, 2008 at 9:25 pm Deja un comentario

A Manuel Vicent atráenlle os antros, os sotos, as sancristías, as celas de amor nas prisións, a cámara do tesouro do Banco de España, os confesionarios das catedrais, o maleficio de certos cadros, os ferros oxidados do garrote vil, o diván do psicanalista, as viaxes do heroe, a apocalipse de fin de semana.

E desa atracción nace Espectros, unha obra tan libre e heterodoxa coma o seu propio autor onde se recollen algún dos seus artigos xornalísticos escritos a partir da década dos oitenta “cando a fin do segundo milenio era unha meta sagrada que embarazaba de misterio todos os feitos. Entón o mundo estaba cheo de profetas”. E xunto estas palabras con afán de aniquilar a todo predicador de desgrazas, Francisco Ontañón busca sintetizar nunha única instantánea a voz do seu compañeiro, ou o que sería o mesmo: a cada pantasma. Simples pero fermosas fotografías que nos desvelan a cara descoñecida deses espectros aos que o escritor e xornalista valenciá da voz.

Novelas, teatro, relatos, biografías, artigos xornalísticos, libros de viaxes, de entrevistas e de semblanzas literarias foron creadas pola tinta deste home. Malia todo, nunha entrevista feita por Javier Ochoa Hidalgo no 1997, Manuel Vicent asegura que se sinte cómodo co artigo corto, e sobre todo, dentro do artigo corto coa pequena historia. “Teño a sensación de que todo o que se pode dicir en cen folios se pode tamén dicir en cincuenta, en dez e en un. A isto engádeselle que, ao comprimir unha historia nun folio, éntrase nun terreo onde a palabra adquire un especial valor; éntrase case no terreo da poesía.” Espectros é, dende o meu punto de vista, así. Coma “unha especie de po en suspensión que queda na atmosfera social cando a actualidade desaparece”.

Deborah Castro Mariño

Anuncios

Entry filed under: General.

LOS GUARDIANES DE LA LIBERTAD, Noam Chomsky e Edward S. Herman Áfricas, cosas que pasan no tan lejos.

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


mayo 2008
L M X J V S D
« Abr   Jun »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: