Raval. Del amor a los niños. Arcadi Espada

abril 29, 2008 at 8:53 am

“Lo que separa a un genio de un periodista son siempre cinco minutos, y para publicar en domingo hai siempre cinco minutos”; “Los diarios están llenos de entrevistas y los periodistas preguntan cada vez menos”; “Los deontólogos manejan titulares llenos de mierda y pretenden actuar con escrupulosa limpieza”; “Rebotar la noticia: un impulso inicial y luego una inercia. Una gran pelota. Nada se añade, nada se quita, nada se comprueba”; “En el periodismo universal no importa demasiado que la fuente mane o no: importa sobre todo que no mane para los otros”.

Estas son algunhas das máximas máis contundente que Arcadi Espada recita ao longo desta obra. O tema principal do libro é o caso de pederastia que ocorreu no barrio de Raval (Barcelona) hai xa máis de dez anos, pero sobre todo o tratamento informativo que recibiu o suceso. Espada non só se ceba cos xornalistas e coa profesión a que en milleiros de ocasións deixa en evidencia pondo exemplos de incompetencia ou de sobornos, senón que tamén arremete contra os xuíces que levaron o caso, contra os Mossos d’esquadra, contra as familias das vítimas e incluso contra os nenos implicados.

Se hai algo que deixa claro este libro e que Arcadi Espada non ten pelos na lingua e que di o que pensa cando o pensa. Tamén queda claro que mira con lupa os erros da profesión xornalística e que considera que hai moitos elementos que fan dos xornalistas peóns ao servizo dos poderes. A única pega que lle poría a esta obra e ton de prepotencia dende onde se sitúa o autor porque seguro que tamén el comete erros e non sempre teñen que ser voluntarios. 

Mª Tania Alonso González

Anuncios

Entry filed under: General.

La Bodega, Noah Gordon Gomorra: Un viaje al imperio económico y al sueño de poder de la Camorra. Roberto Saviano


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: