Gomorra: Un viaje al imperio económico y al sueño de poder de la Camorra. Roberto Saviano

abril 29, 2008 at 11:52 am Deja un comentario

Roberto Saviano escribe neste libro sobre o “Sistema”, que é como se coñece á mafia da Camorra napolitana.

Resulta tamén sorprendente como se asocian o negocio do narcotráfico e o negocio da roupa de marca, beneficiándose mutuamente. Pero o máis grave é que, aínda que son moitos os que se negan a crelo, estamos a falar dunha organización criminal. Na propia obra o autor fala dunha conexión entre esa banda e ETA. Foi no 2003 cando se descubriron estas relacións, grazas a unhas declaracións de Raffaele Spinello, un antigo membro da organización italiana. ETA e a Camorra chegaron a un acordo polo que a banda vasca enviaría cocaína para recibir armas a cambio.

Estes vínculos que a banda mantén con España deixan claro que a Camorra ten moito que ver cos españois, aínda que nos resistamos a crelo. Pero nesta ocasión parece que o autor non logra facer mella nos italianos nin nos españois. Semella que tanto uns coma outros intentamos evitar o tema. Pero por moito que tratemos de evitar o tema, o problema segue aí. Por moito que tratemos permanecer indiferentes, o certo é que a cuestión non deixa indiferente. Esta indiferencia pola nosa parte explícase porque a mafia napolitana só raramente comete homicidios en España. E é tal o noso egoísmo que só nos preocupa unha cuestión cando realmente nos afecta de forma directa. Mentres non nos toque moi de cerca, deixámolo pasar.

Nesta obra Saviano chámalle ás cousas polo seu nome, deixando a un lado os eufemismos que tratan de ocultar a realidade. Pero xa pagou un prezo pola denuncia ó sistema: a súa liberdade, pois dende a publicación do libro vese obrigado a vivir escoltado.

Marta Rial Alvite

Anuncios

Entry filed under: General. Tags: .

Raval. Del amor a los niños. Arcadi Espada Morir para contarlo, Julio Fuentes

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: