“O lapis do carpiteiro”- Manuel Rivas

abril 29, 2008 at 7:28 pm Deja un comentario

O lapis do carpinteiro, publicado no ano 1998, é unha das novelas de maior éxito do xornalista e escritor galego Manuel Rivas.

Nesta obra, o autor, cunha habilidade pasmosa para o uso das verbas, ofrécenos a mirada dun verdugo nun dos tempos máis escuros da historia de España, unha mirada atemperada polo lapis dun carpinteiro pertencente a un pintor falecido por mor dun disparo recibido na cabeza en plena Guerra Civil.

Todo o relado amósase moi influenciado polo contexto histórico, pois a acción ten lugar no ano 1936 nun cárcere de Galicia onde se atopa preso (por mor do franquismo) o médico republicano Daniel Da Barca. Mais este non é só un libro sobre a Guerra Civil Española, é moito máis ca iso. É unha historia de amor entre Marisa Mallo (unha fermosa moza de Fronteira) e o doutor Da Barca. Unha novela dun amor que se sobrepón á destrucción, unha fermosa historia de liberdade e melancolía.

Ademáis dos dous namorados, xorde a mirada escrutadora dun home que non tiña medo, Herbal, o garda da cadea da Falcona que verá restaurada a súa condición de ser humano por obra e gracia de tantas formas de amor como o lapis do carpinteiro lle foi ensinando a debuxar.

É, polo tanto, unha historia de amor, melancolía e liberdade en tempo de guerra e posguerra. É o testemuño dunha traxedia curativa, unha metáfora de tódalas guerras, unha loita contra o esquecemento que demostra o poder de salvación que ten o amor.

Alba Naveira Romero

Anuncios

Entry filed under: General.

Nada y así sea, Oriana Fallaci Ninguna guerra se parece a otra, Jon Sistiaga

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: