Diario de un skin

abril 27, 2008 at 10:47 am Deja un comentario

En Diario de un Skin, o xornalista de investigación coñecido polo pseudónimo de  Antonio Salas relata o tempo que permaneceu infiltrado no mundo do movemento neonazi en España. Unha aventura moi complicada e que a piques estivo de custarlle a vida. Na actualidade inda permanece constantemente ameazado por estes grupos.

E non é de estrañar. Ninguén lograra nunca infiltrarse directamente no seu contorno nin facerse pasar por un máis deles. Salas conseguiu facerse “camarada” seu, compartiu con eles concertos, borracheiras, violencia e introduciuse nos seus lugares de culto. Estableceu contactos cos dirixentes skins máis importantes de toda España e de parte do estranxeiro. E ademais gravou todo con cámara oculta, o que supuña un risco engadido no caso de que algo faiase.

Todo isto amosa o duro traballo de preparación previa que o xornalista tivo que facer e que non é cousa de dous días. Salas tivo que documentarse a fondo e este traballo serviulle para poder integrarse e non levantar sospeitas entre ninguén. Por este motivo tamén tivo que mudar de estética e rapar a súa cabeza ademais de levar as súas roupas características. O difícil é non deixarse levar e saber quen es realmente, como o autor expón. Ser xornalista de investigación non é nada doado.

No libro tamén aparecen capítulos cheos de información sobre páxinas de internet, grupos musicais, as orixes destes grupos, etc e que en ocasións se fan demasiado monótonos para o lector. Malia isto, a acción predomina na maioría de capítulos. Os secretos mellor gardados dos skins saen a luz: todo o seu mundo e o que os rodea queda reflexado neste libro.

                                                                            Andrea Carcacía Hermilla

Anuncios

Entry filed under: General.

Memoria de mis putas tristes La rabia y el orgullo-Oriana Fallaci

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: