Xesús Alonso Montero, Informe(s) sobre a lingua galega

abril 23, 2008 at 11:55 am Deja un comentario

Como se de un partido de fútbol se tratase o galego e o castelán estiveron competindo rivalvemente no transcurso dos días. Vencedor e vencido pelexan por un recoñecemento xusto, cousa que non é fácil porque hai demasiados prexuízos ó redor. Xesús Alonso Montero actúa de árbitro nesta batalla e faino sen pelos na lingua. A través desta colección de textos publicados en xornais, recitados en discursos…intenta facer un percorrido pola situación do galego nos diferentes ámbitos comunicativos.

O castelán, dende tempos inmemoriais, foi considerada lingua de culto e era empregada en todos os ámbitos posibles sen ningún pudor. Algo que relegaba nun segundo plano a lingua galega; que se lle puña a etiqueta de lingua de “andar por casa”. Na actualidade, cambiaron un pouco as tornas, agora as dúas linguas poden convivir perfectamente nun mesmo espazo sen que unha sexa superior a outra. Pódese dicir que o partido está  empatado. Aínda que o árbitro, neste caso Alonso Montero, non se conforma só con isto, senón que saca a tarxeta vermella e reivindica no eido do xornalismo a creación dun Instituto que ensine as ferramentas esenciais para empregar unha correcta  dicción e locución do galego nos medios de comunicación. E recalca que os comunicadores deberían convivir con outros galegofalantes, para coñecer en viva voz os segredos da lingua.

Por outro lado, salienta un erro nestes comunicadores, que cando están diante das cámaras empregan o galego, o que el chama “idioma de plató”, e que unha vez fóra utilizan o castelán.      

Merce Rey García Grupo C   

Anuncios

Entry filed under: General.

RESISTENCIA de Rosa Aneiros Memoria de mis putas tristes

Responder

Por favor, inicia sesión con uno de estos métodos para publicar tu comentario:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


abril 2008
L M X J V S D
« Mar   May »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Arquivo


A %d blogueros les gusta esto: